Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes acusa a Feijoo e ao PP de liquidar a posibilidade de que a Cidade da Cultura sexa un foco de atracción mundial

04/06/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, asegurou esta mañá en rolda de prensa, que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o Partido Popular, "liquidaron" a posibilidade que a Cidade da Cultura sexa un foco de atracción para todo o mundo e o que están facendo e convertila nunha cidade administrativa máis. Así, o concelleiro criticou o anuncio do titular do Executivo Galego, de investir 17 millóns de euros para, no que debería ser o Palacio da Ópera e a Música, facer a sede do Consorcio do Sistema Universitario Galego.
"O PP está a renderse a determinadas forzas vivas, sobre todo da Coruña e, en menor grao, de Vigo", manifestou Paco Reyes, que asegurou que "a Cidade da Cultura non podía ser un foco de atracción para todo o mundo, tal e como fora deseñada".
Para o concelleiro socialista, esta posibilidade xa quedou liquidada coas últimas decisións do PP, que convertirá, a xuízo de Reyes, nunha cidade administrativa máis "pagada, ademais, a prezo de ouro". "Nunca se vai recuperar o investido", afirmou o voceiro, que engadiu que esta cidade administrativa vaise sumar á pirámide administrativa que se pretende construir en San Caetano, unindo ao espazo actual a estación de autobuses.
O voceiro do PSdeG sempre se amosou partidario de que a Cidade da Cultura fora un foco de atracción mundial en oferta cultural e proxección artística e, nesta liña, afirmou que o Partido Socialista foi o único que no seu día votou en contra de rematar o proxecto tal e como estaba porque pensaba que non era o momento económico axeitado, "pero non se renunciaba a que se levar a cabo máis adiante tal e como estaba previsto, como ese obxectivo ambicioso para o que foi deseñada".

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org