Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista solicita ao goberno un informe da ORA e pide explicacións polo incumprimento plenario deste servizo

18/06/2018

Coincidindo co recente inicio da remunicipalización do ORA e o guindastre, o voceiro socialista, Paco Reyes, compareceu en rolda de prensa para facer unha valoración de dito comezo e, sobre todo, para anunciar a presentación dunha serie de informes e a resolución dunha serie de dúbidas -algunhas de consideración- relativas a un servizo que, como asegurou, semella que non se está axustando ao aprobado no pleno.
En primeiro lugar, o grupo socialista pedirá a Compostela Aberta o informe que, dixo Reyes, debeu facer o goberno de probas previas á posta en marcha ao servizo de ORA e guindastre xa remunicipalizado, tanto no relativo aos parquímetros, como ao software, sobre todo ante as incidencias rexistradas. Malia non cuestionar a municipalización, aclarou o voceiro, en base a estes problemas no inicio do novo servizo, si cre necesario coñecer o que se fixo e cal foi o resultado para avaliar mellor a situación.
Pero, como destacou, o que os socialistas consideran moito máis preocupante que estas incidencias, é que a municipalización da ORA non atenda ao acordo plenario aprobado en marzo. Nomeadamente, refírese Reyes ao punto relativo á inclusión na memoria do informe solicitado polos socialistas sobre a posibilidade de non cobrar pola ORA, tal e como se fai noutras cidades galegas, como Pontevedra, Ferrol ou mesmo Lugo. E, nesta liña, tampouco se ten cumprido o relativo ao persoal, xa que mentre que o acordo de municipalización supón o paso do servizo ao Concello -o que, atendendo aos informes, suporía a contratación de nove persoas máis-, o certo é que o persoal depende directamente de Tussa -como dixo o edil, tería, segundo o pleno, que ser asumido o servizo polo Concello, para logo pasar a xestión, mediante unha encomenda, a Tussa-.
E, finalmente, Paco Reyes denunciou que se vai utilizar a mesma parcela para o depósito de vechículos que fixo que Setex Aparki dexara a concesión, posto que non cumpría as domensións impostas no prego.
Por todo iso, o grupo socialista presentará unha solicitude de información por escrito ao grupo de goberno.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org