Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista presenta unha moción de urxencia rexeitando a instalación dunha pranta de reciclaxe na Casalonga, en Teo

21/06/2018

O grupo municipal socialista leva esta tarde a pleno unha moción de urxencia na que rexeita a instalación na antiga canteira de Casalonga, no municipio de Teo, dunha pranta de reciclaxe. Como explicou o voceiro compostelán, Paco Reyes, trátase dunha iniciativa que impulsou o grupo teense á que agora se suma o de Santiago por cuestións de solidariedade e porque, ademais, a afectación vai máis aló de Teo. Cheiros, augas de condensación e efectos sobre a fauna e flora son algúns dos principais problemas que se derivarían desta pranta e que poderían afectar, sobre todo, á veciñanza que reside máis preto de Teo.
Ante a preocupación cidadá do veciño municipio de Teo pola pretendida instalación por parte da empresa Toysal dunha pranta de xestión de residuos na antiga canteira de Casalonga, que segundo consta nun informe requirido polo Concello teense, vai ter un grave impacto sobre a vida e actividade de todos os núcleos urbanos e rurais dunha ampla zona, o grupo socialista súmase ao rexeitamente de dita pranta de reciclaxe.
A través dunh moción que se presentará esta tarde ao pleno pola vía de urxencia, os socialistas pedirán que a corporación amose o seu rexeitamente a que a instalación de xestión e tratamento de residuos sexa unha actividade permitida en solo rústico, e para que se adopten "todas as medidas necesarias, de forma conxunta e coordinada, dende un punto de vista institucional e administrtivo, para respectar a legalidade vixente", de modo que se evite a instalación desta pranta. Así mesmo, o documento pide ao Goberno galego os cambios lexislativos necesarios para que este tipo de situacións non se poidan dar en solos próximos a áreas residenciais de Galicia, ao tempo que se achega o apoio á veciñanza afectada por esta pretendida actuación.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org