Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Reyes destaca o gasto en investimentos por habitante de 292 euros no goberno socialista de Bugallo fronte os 68 de 2017 con Compostela Aberta

20/07/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, realizou esta mañá en rolda de prensa unha valoración polo miúdo da liquidación de 2017, da que conclúe que os orzamentos dese ano, en contra do anunciado no seu día pola concelleira de Facenda, María Rozas, nin foron expansivos nin sociais nin adicados ao mantemento da cidade. De feito, o concelleiro destacou que os datos, confirmados pola Intervención, rebelan que o nivel de execución de investimento non chegou ao 22%, ao tempo que asegurou que o gasto neste eido por habitante é de 68 euros, fronte aos 292 do ano 2010, último do goberno socialista de Sánchez Bugallo.
En primeiro lugar, Reyes asegurou que os orzamentos de 2017 non foron expansivos, como afirmara María Rozas, porque o gasto global en 2017 foi un 3% inferior ao de 2016. A este respecto, o edil indicou que "cando se fala de orzamentos expansivos, hai que facer comparativas e, atendendo aos datos e informes existentes, incluido o de Intervención, o gasto en investimento por habitante en 2010 foi de 292 euros, mentres que en 2017 quedou en 68".
Nesta liña. informou de que hai oito millóns de remanentes que non se gastaron nin se investirán, mentres que o gasto e investimentos reais sumados ás transferencias de capital non chegan ao 22% (21,9% exactamente). E isto que significa? Pois, como explicou o concelleiro socialista, quedaron sen facer actuacións importantes que o propio grupo de goberno plasmou na memoria orzamentaria de 2017, como o ascensor de Triacastela, axudas para a instalación de ascensores en vivendas, as sendas peonís no río Sar, a estación depuradora, a restauración e mellora ambiental do río Sarela, a Casa de Máquinas, o castelo da Rocha, a rotonda no polígono do Tambre, rúa Castrón Douro, rúas Batalla de Clavijo e anexas, cubrición de catro parques infantís ou a compra do vehículo desbrozador.
Así mesmo, o voceiro subliñou que a 31 de decembro se lle debía a proveedores -moitos deles de Santiago- máis de 22 millóns de euros, mentres que a esa mesma data había en cixa más 25,6 millóns."Como é posible?", preguntouse Reyes, que tamén puxo enriba da mesa que o grupo de goberno contabilizou en 18,3 millóns as partidas de difícil cobro e que, polo tanto, conta con non ingresar ás arcas municipais.
Vencellado con este punto, o concelleiro socialista quere saber de donde veñen esas partidas de dubidoso cobro e preguntou se parte das mesmas proceden de subvencións das outras administración que, por problemas de xestión, non chegan. Neste eido, no informe de ingresos, citou os 2,2 millóns que non se ingresaron do POS da Deputación, entre outras moitas partidas correspondentes con subvencións varias.
Por outra banda, Reyes desmontou outra das afirmacións realizadas por Rozas, a que os orzamentos de 2017 eran sociais. Neste punto, o edil destacou partidas sen gastar segundo a liquidación coñecida hai un par de días, como case un tercio do adicado a familias e ONG; o 1,4 millóns para atención social primaria; o millón de euros para fomento do emprego; o 1,2 millóns sen gastar para vivenda; ou os 1,4 millóns para mocidade.
Tampouco foron os orzamentos do mantemento de Compostela e, neste punto, Paco Reyes referiuse a 1,4 millóns sen gastar para parques e xardíns; 1,3 para instalacións deportivas; 2,5 para camiños veciñais; 3,5 millóns sen investir para a pavimentación de vías públicas; 2,6 para actuacións integrais en vías públicas; ou ata o 95% sen investir en infraestrururas urbanas.
Para Reyes, resulta "inexplicable" dende a esquerda que CA asuma o mesmo discurso que o exministro Montoro xustificando estes datos como xeito de sanear o Concello. O concelleiro lembrou que o endebedamento actual é do 45%, cando se pode chegar a un 75%, e a única débeda que existe é "innecesaria na que nos meteu o PP en 2012". "O que está a facer CA é os deberes do Partido Popular", dixo.
Ademais, os gastos correntes medraron máis que os ingresos correntes. "Iso non é boa xestión", dixo.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org