Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños urxe solucións aos problemas de acceso a vivendas en Ruela de Conxo e Travesa de Conxo de Abaixo

23/07/2018

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños denunciou esta mañá o estado no que se atopan accesos a vivendas en Ruela de Conxo e Travesa de Conxo de Abaixo. O edil lembrou que a maleza que invade literalmente os viais e o mal estado do firme xa foi posto en coñecemento do grupo de goberno ata en dúas ocasión por parte do grupo socialista e, nesta liña, instou de novo a Compostela Aberta a poñer fin a estes problemas.
Como destacou Muíños, os accesos a algunhas das vivendas situadas na contorna da rotonda do Conxo é especialmente preocupante, dado que hai veciños que teñen problemas de mobilidade. Coincide, ademais, que estas casas quedaron xa moi afectadas despois das obras da rotonda, polo que o grupo socialista insta ao goberno municipal a solucionar estes problemas, centrados sobre todo na maleza que invade os viais e o estado do firme.
Hai que lembrar que esta situación de abandono xa fora posta en coñecemento de CA ata en dúas ocasións na comisión de Queixas e Suxestións, despois de que os edís Gonzalo Muíños e Mila Castro realizaran unha visita aos veciños veciñas que residen nesta zona.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org