Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes vencella os malos datos da EPA co incumprimento do Plan de Emprego e a un investimento do 22%

27/07/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, compareceu esta mañá en rolda de prensa para avaliar os datos coñecidos sobre o segundo trimestre da EPA. Como dixo o concelleiro, algúns destes datos son "preocupantes" para Santiago, como o da baixada, en case cinco puntos, da poboación activa, e de poboación ocupada, nunha porcentaxa similar.
En base a estes datos, Reyes puntualizou que o que a priori podería parecer unha boa cifra, a que di que hai 200 desempregados menos, en realidade é enganoso, posto que isto acontece precisamente porque hai menos poboación activa e ocupada.
Ademais, o voceiro do PSdeG destacou que Santiago é a única das sete grandes cidades galegas nas que suve a taxa de paro, o que supón que Compostela deixa de ser a localidade con mellores datos de Galicia e cede ese posto a Lugo, cunha alcaldesa socialista y unha taxa do 10.2% segundo a EPA.
Para Paco Reyes, as cifras "preocupantes" que presenta Santiago teñen unha relación directa coa falta de investimento e cumprimento do Plan de Emprego por parte do goberno de Compostela Aberta. A este respecto, o edil asegurou que, segundo a liquidación de 2017 que se vén de coñecer recentemente, CA deixou de gastar un millón de euros no capítulo de fomento do emprego e só materializaron o 22% de investimento.
Como dixo o concelleiro, tres anos máis tarde de que Compostela Aberta chegara ao goberno municipal se ten constatado que o que semelleba ser unha das súas maiores preocupacións, non o é na realidade, posto que non está traballando para resolvelo. Para os e as socialistas, pola contra, si segue a ser o principal prioridade e, para iso, Reyes lembrou todas as iniciativas que ten promovido o seu grupo neste período. Así mesmo, lembrou que cada ano eleva propostas que son recollidas polo grupo de goberno para os orzamentos, pero que non executa.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org