Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista urxe uns novos pregos para o servizo de limpeza e acusa a CA de "cutrez" e de "falla de xestión"

23/08/2018

Os problemas que se veñen ocasionando nestes últimos tempos con respecto á recollida de lixo e limpeza viaria terían unha solución doada se Compostela Aberta tivera redactado uns novos pregos e sacado a concurso este servizo. A este respecto, o grupo socialista lembra que se trata dunha concesión de dez anos que rematou en 2015, e aínda que coa posibilidade de prórroga outro cinco, o certo é que a realidade da cidade ten mudado o suficiente para que sexa necesario un cambio na prestación do servizo. Para o voceiro, Paco Reyes, o feito de que aínda non se teñan realizado é outro sinal de "cutrez" e de "falla de xestión" do equipo de goberno de Martiño Noriega.
O servizo de recollida de lixo e limpeza viaria foi adxudicado a Urbaser no ano 2005 por un período de dez anos prorrogable a outros cinco por un importe de 6.689.900 euros ao ano. Á xuízo dos socialistas, os problemas detectados nestes últimos meses, e incrementados en verán, fundamentalmente no casco histórico, polo elevado número de turistas, amosan que a cidade presenta unha realidade diferente e que, polo tanto, a solución pasa por redactar uns novos pregos; solución que, para Reyes, xa se debería ter feito.
"Está claro que o servizo na actualidade é insuficiente, polo que habería que mudar os pregos, e se aínda non se ten feito é pola cutrez e falla de xestión de Compostela Aberta". asegurou o concelleiro socialista.
Por outra banda, os socialistas, neste caso a través do edil Gonzalo Muíños, lembraron que en marzo de 2017 presentaron ao pleno da corporación unha moción denunciando a situación na que se atopan moitos colectores en toda a cidade e reclamando o seu arranxo e substitución, xa q moitos están rachados, sen tapa, sen asa ou con pintadas, sen que ata o momento esta petición -malia estar especificado nos pregos que os colectores tipo iglú deben limparse cada tres meses e os normalizados cada mes-. Muíños anunciou que no pleno de setembro os socialistas insistirán nesta cuestión.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org