Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Paco Reyes acusa a CA de non controlar ás empresas subcontratadas

30/08/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, acusou esta mañá a Compostela Aberta de non cumprir coas súas obrigas de levar a cabo unha fiscalizacíón da prestación de servizos por parte das empresas subcontratadas polo Concello. Como exemplo máis recente, citou o de Lacera Servicios y Mantenimiento, S.A., dende o 1 de xuño encargada da prestación integral dos servizos de conserxería e limpeza de varias instalacións deportivas municipais, que recibira máis puntos por implantar un sistema informático de seguimento e control do servizo no prazo inferior a dous meses -o prego contemplaba un período de catro-, sen que ata o momento, segundo denuncias de traballadores, teña sido posto en funcionamento.
Como denunciou Reyes, aos responsables municipais éncheselles a boca acusando aos grupos da oposición de defender ás empresas privadas, mentres que "os primeiros que seguen subcontratando servizos que os socialistas entendemos que ben poderían ser recuperados son eles e, o que é peor, deixan a estas empresas campar as sus anchas sen control e fiscalización do Concello".
Ás queixas na prestación do servizo de axuda a domicilio ou da xestión dos centros socioculturais, engádese agora o de conserxería e limpeza de varias instalacións deportivas municipais. Dito servizo foi adxudicado dende o 1 de xuño de 2018 a Lacera Servicios y Mantenimiento, que recibiu unha maior puntuación por unha mellora consistente en implantar un sistema informático de seguimento e xestión do mesmo nun prazo inferior a dous meses, a metade do contemplado no prego.
Pois ben, como denuncian traballadores, a día de hoxe non se ten feito -e xa pasaron case tres meses-, extremo que, para Reyes, é de especial importancia dado o obxecto deste programa. O concelleiro socialista pregunta ao goberno local se é certo este incumprimento do contrato e, en caso afirmativo, se pensa tomar algunha medida ao respecto.
"Compostela Aberta non pode seguir mirando cara outro lado cando estamos a falar da prestación de servizos públicos", dixo Reyes.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org