Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo municipal socialista presenta un escrito requerindo unha serie de informacións da xestión de Ferrovial nos centros socioculturais

24/09/2018

O concelleiro socialista Paco Reyes anunciou esta mañá en rolda de prensa que o seu grupo vai presentar por rexistro un escrito dirixido ao goberno local, no que se requiren determinadas informacións acerca da xestión que está a realizar Ferrovial, a empresa actualmente concesionaria da xestión dos centros socioculturais. O voceiro lembrou que dita xestión xa provocou as queixas da veciñanza, por exemplo no centro sociocultural de Conxo, que pasou tres días cunha baixa sen que fora substituida.
Como apuntou Reyes, o seu grupo ten coñecemento do envío, por parte dos responsables municipais, dun requerimento á empresa concesionaria o pasado 2 de xullo para que se axustase ao contrato. Ante isto, os socialistas preguntan polas razóns que levaron ao goberno local a remitir dito requerimento e que "viron eles que non se estab a cumprir do contrato".
O escrito que vai rexistrar o grupo socialista tamén fai mención ás sete persoas que non foron subrogadas por Ferrovial e, concretamente, o voceiro explicou que queren coñecer o que está a acontecer: se a empresa contratou a alguén para cubrir esas vacantes e, se non é así, se Ferrovial está cobrando por esas horas que facía o persoal non subrogado. Tamén os socialistas preguntan pola situación dos autónomos na concesionaria.
Dun xeito particular, Paco Reyes subliñou que unha das prazas non subrogadas foi o da persoa que se estaba a encargar da coordinación das bibliotecas, que segundo o contrato ten que ter a titulación pertinente e, en base a isto, preguntou se a persoa que foi agora contratada para realizar este labor ten esa titulación.
Finalmente, lembrou que a empresa ten que presentar cada mes un informe previo a que lle pague o Concello e, a este respecto, solicitou unha copia de todos os informes, ao tempo que preguntou se algún mes Ferrovial cobrou antes de presentalo.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org