Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Presentación e reparto en Salgueiriños de "Socialistas Compostela", o boletín informativo do traballo realizado polo grupo durante estes tres anos de mandato

27/09/2018

O grupo municipal -Paco Reyes, Mila Castro e Gonzalo Muíños- achegaráonse esta mañá ao mercado de Salgueiriños para presentar e facer un reparto de "Socialistas Compostela", un boletín informativo do traballo realizado na oposición ao longo destes tres anos de mandato. Como indicou o voceiro, Paco Reyes, "igual que fiscalizamos o labor do goberno local e facemos balance no que é o derradeiro ano de mandato, pensamos que nós, como grupo, tamén temos a obriga de explicar á cidadanía o que temos realizado neste tempo". E, para iso, nada mellor que unha publicación que, en oito páxinas, recolle un resumo das prinicipais iniciativas formuladas dende o grupo, así como unha valoración de Compostela Aberta. O grupo quixo agradecer a magnífica resposta atopada esta mañá por parte da cidadanía que recolleu o boletín en Salgueiriños.
"Tres anos de traballo cun proxecto socialista de cidade" é o titular que leva a portada deste boletín informativo realizado por este grupo municipal, que foi presentado aos medios de comunicación este mañá e repartido polo mercado de Salgueiriños.
Na liña seguida estes anos, a publicación destaca as achegas e propostas promovidas polo grupo socialista, moitas das que foron incluidas nos orzamentos de CA como condición para facilitar a aprobación dos orzamentos municipais. A mellora de atención domiciliaria e a eliminación da slistas de espera, a baixada no pago do catastro, o elevador de Triacastela, o prograa de atención bucodental, os investimentos no rural do recadado polo "Catastrazo" ou a posta en marcha do Plan Vite son algunhas das iniciativas impulsadas polos socialistas, que lamentaron que o grupo de goberno de Compostela Aberta non teña sido quen de executar moitas delas malia ser comprometidas nos acordos orzamentarios ou aprobadas polo pleno da corporación.
Ademais dunha entrevista aos edís Paco Reyes, Gonzalo Muíños e Mila Castro, o boletín inclúe un balance ao goberno local, que resume en "falta de xestión, mantemento e transparencia, así como cun escaso peso institucional".

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org