Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Paco Reyes pide a comparencia de Concha Fernández para informar sobre a xestión dos centros socioculturais

28/09/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, anunciou esta mañá que o seu grupo pedirá a comparecencia da concelleira responsables dos centros socioculturais, Concha Fernández, para que dea explicacións sobre o que está a acontecer en moitos destes espazos e para respostar a unha serie de preguntas relativas á empresa concesionaria, Ferrovial. Os socialistas, como lembrou, levan desde este verán trasladando queixas deste servizo e pedindo documentación e datos relativos á prestación de dito servizo e á contratación e subrogación do persoal.
Segundo manifestou Reyes, a propia concelleira nas súas declaracións de resposta a unha rolda anterior do mesmo edil socialista, recoñece que se produciu un retraso na programación dos centros socioculturais. Así, apuntou que antes se facía con catro meses de antelación e agora se vai facer con máis de cinco meses de retraso. "Esa é a realidade e, polo tanto, estamos falando de nove meses de diferencia", dixo, ao tempo que engadiu que "ela o achaca a unhas supostas ireegularidades da empresa anterior e a que se ten que teñen que realizar unha avaliación". "CA prometeu na súa campaña electoral que faría unha auditoría de todas as empresas subcontradas por este Concello e o certo é que descoñecemos se esta feita dita auditoría", afirmou.
Sobre as presuntas irregularidades da empresa anterior, o concelleiro puxo de manfiesto que "CA deuse moita presa en levar toda a documentación á Fiscalía porque entendía que podería ser susceptible dalgún tipo de problema xudicial, o mesmo alcalde compareceu en rolda de prensa para anuncialo, pero estamos agardando a que saia o alcalde a dicir en rolda que o fiscal decidiu arquivar todas esas actuacións, para iso non tivo presa". Ademais, lembrou que como consecuencia desta situación, o goberno local abriu expediente e un xefe de servizo do Concello, polo que o grupo socialista demanda coñecer como está a instrucción do mesmo.
Por outra banda, Reyes quixo respostar ao dito por Fernández, asegurando que os centros están abertos. Sobre este punto, puntualizou que, por exemplo, o de Fontiñas ten un serio problema de persoal e o mesmo acontece no de Conxo ou na Trisca, que ten que pechar pola tarde. "Non se pode dicir cousas que non son, xa que si que se está a ver afectado a atención de cara aos cidadáns por mor da xestión de persoal que se está a facer", afirmou Reyes, que subliñou que hai "cando a empresa non substitúe aos traballadores os cobra igual polo que é un beneficio engadido a costa de non cumprir co servizo e as súas obrigas".
Ademais, falou do persoal non subrogado, que para a concelleira responsable dos centros foron os que eran traballadores da empresa. A este respecto, o voceiro do grupo socialista afirmou que "todos os traballadores eran de empresa porque todos traballaban para a empresa", e centrouse nun deles, no coordinador de bibliotecas, non subrogado malia ser especificamente citado na oferta de Ferrovial como un dos que si o serían.
Paco Reyes insistiu en coñecer a situación desta praza, se a persoa que leva a cabo as tarefas que se lle asignan nos pregos ten, como así se esixe, a titulación pertinente, e o seu salario. "O Concello está a pagar 2.000 euros ao mes para un posto que non sabemos o que cobra, polo que, se por exemplo, é 600 euros, Ferrovial estaría gañando 1.400 de beneficios engadadiso e que non lle corresponden", dixo Reyes, para o que, ademais, esta situación resulta lesivo para o propio Concello e para a calidade na prestación do servizo.
Por todo iso, e dado que as explicacións da concelleira responsable dos centros socioculturais non son esclarecedoras e mesmo "escurecen" máis a situación, o grupo socialista pedirá a súa comparecencia en comisión para explicar todas estas cuestións.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org