Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista esixe ao goberno local que compense á veciñanza cunha baixada de tarifas nas actividades dos centros socioculturais pola deficiente xestión dos mesmos

04/10/2018

Unha baixada de tarifas para todos os colectivos que utilizan os centros socioculturais do Concello. É o mínimo que reclama o grupo municipal socialista polos moitos problemas xerados na xestión dos mesmos, e dun xeito específico nos últimos meses por parte da empresa encargada da prestación deste servizo, Ferrovial.
O voceiro socialista, Paco Reyes, denunciaba esta mañá outras situacións e mesmo, nalgúns casos, presuntas ireegularidades, das que o seu grupo tivo constancia, como o cambio na apertura e peche dos centros sen avisar previamente a usuarios e asociacións veciñais, a non reposición de persoal que leva a deixar durante horas aos centros sen servizo, ou sobre a programación.
Precisamente o concelleiro comezou cunha profunda crítica, repartida "a medias" para o grupo de goberno e a empresa, polo que está a acontecer coa programación dos centros socioculturais. A este respecto, reyes afirmou que o seu grupo ten constancia de que Ferrovial solicitou a programación aos traballadores destes centros a principios de xullos e que esta foi entregada a finais dese mesmo mes. "Polo tanto, non hai excusa para que non estivera presentada o 1 de setembro e para que exista este retraso, que está a ter moitas consecuencias negativas na prestación do servizo", dixo Reyes, que engadiu que "calquera excusá é simplemente mentira".
O voceiro insistiu nos problemas existentes co persoal que, como subliñou, non se está a substituir por parte da empresa. "Isto leva a que, por exemplo, a aula de informática de Vite ten que pechar dúas horas porque a persoa que se encarga da mesma ten que ir a outro centro, neste caso a Vista Alegre", informou Reyes.
O cambio de horario nos centros sen avisar previamente a usuarios e entidades veciñais é outra reclamación do grupo socialista, que tamén cre que se está a producir un incumprimento dos pregos, xa que aínda non se puxo en marcha o sistema informático ao que se comprometera Ferrovial e iso leva a que o Concello tivera que deixar unha conta para facer as inscripcións nas actividades.
O grupo socialista, por unha banda, quere saber o número de queixas presentadas dende abril e, nomeadamente, dende xuño -mes no que empezou Ferrovial- e, por outra, reclama a Compostela Aberta que compense a todos os colectivos que utilizan estas instalacións municipais cunha baixada nas tarifas. "É o mínimo que pode facer para compensar esa deficiente prestacíón do servizo", apuntou o edil do PSdeG.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org