Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Reyes pide ao goberno local que avalíe a posibilidade abrir un expediente de lesividade á adxudicación da xestión dos centros socioculturais

15/10/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, compareceu esta mañá en rolda de prensa para solicitar ao goberno municipal que avalíe a posibilidade de abrir un expediente de lesividade á adxudicación á empresa Ferrovial da xestión dos centros socioculturais, atendendo a que o informe relativo á valoración do estudo económico presentado pola empresa licitante non contempla a situación particular de tres persoas -e que xa teñen presentado recurso-, que poderían pasar a formar parte do persoal municipal e que non se recolle en dito estudo. Para Reyes, o soporte é o mesmo que o da concesionaria da Escola Municipal de Música, procedemento polo que si se abriu dito expediente.
O edil argumentou que o feito de non incluir a estas persoas supón unha situación e un custo diferentes para o Concello, xa que de pasar ditas persoas a integrar o persoal municipal -están nunha situación similar de fraude de lei similar a outros traballadores que recurriron e tiveron que ser reintegrados como empregados propios do Concello-, habería que sufragar ese gasto. Esa posible lesividade é a que xustificada, segundo o voceiro socialista, que o grupo de goberno se platexe abrir un expediente de lesividade que, no caso de facelo, suporía a rescisión do contrato a Ferrovial, concesionaria da prestación da xestión dos centros socioculturais.
Para Paco Reyes, o soporte sobre o que se sostén esta solícitude é o mesmo que levou ao Concello -único que pode iniciar de oficio este expediente- a facer o propio coa Escola Municipal de Música.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org