Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista pide a través dunha moción que se recupere o proxecto do ascensor da Almáciga e que se incorpore aos orzamentos de 2019

17/10/2018

O concelleiro socialista, Gonzalo Muiños, acompañado pola presidenta da Asociación de Veciños Francisco Asorey, Ánxeles Otero, presentou esta mañá xunto ás obras do elevador de Triacastela a moción que se debatirá mañá xoves no pleno solicitando ao goberno municipal que recupere o ascensor da Almáciga e se incorpore ás infraestructuras a executar nos orzamentos do vindeiro ano 2019.
Nun encontro cos medios, Muíños lembrou que este proxecto ten a súa orixe en 2010, cando dentro do Urbana Norte, o goberno local, entón socialista, aprobara a iniciativa para o barrio da Almáciga co obxectivo de mellorar a mobilidade da veciñanza, nunha zona moi elevada e cunha poboación moi envellecida. O proxecto consistía na instalación dun ascensor público ao aire libre para salvar o desnivel entre a Almáciga e a praza de Díaz Valiño (San Caetano), cun orzamento aproximado de medio millón de euros.
Malia estar consensuado coa veciñanza, o PP paralizouno e continúa "nun caixón" con CA. Por iso, os socialistas, que veñen reclamando a execución deste proxecto, insisten, agora coa presentación dunha moción, que o goberno local o recupere e o incoporte aos orzamentos de 2019.
Como destacou Gonzalo Muíños, que lembrou que o elevador de Triacastela -actualmente en obras- resposta a unha reclamación socialista, plantexada e aprobada por unanimidade plenaria en xaneiro en 2016 e logo incluida como unha das "liñas vermellas" na negociación dos orzamentos de 2017 e 2018, esta actuación supón unha urxencia para este barrio compostelán.
A presidenta da asociación de veciños destacou tamén a necesidade desta intervención, que considera, xunto coa conexión e chegada ao barrio dos autobuses urbanos -dixo que hai pouco que lles mandaron as rutas pero que a día de hoxe os buses paran en Pastoriza e non chegan á parte alta-, as principais prioridades en materia de mobilidade.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org