Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Reyes cualifica os orzamentos da Xunta como os do absoluto esquecemento a Santiago e os do fracaso das relacións institucionais do alcalde

22/10/2018

A proposta de orzamentos da Xunta para o vindeiro exercicio de 2019 son, para o voceiro socialista, os do "absoluto esquecemento e ninguneo a Santiago de Compostela" e o resultado do "fracaso" das relacións institucionais do alcalde, Martiño Noriega, co goberno autonómico. Sobre a contía global, Paco Reyes asegurou que estamos a falar do 16% do que se adicou á nosa cidade en 2009 -con Pérez Touriño-. o que ademais se resultar unha vergoña, evidencia que a Santiago lle foi moi ben cun presidente da Xunta socialista e cun alcalde socialista.
Entre outras partidas, os socialistas botan en falla as relativas ao novo edificio da Escola Oficial de Idiomas, da ampliación do Conservatorio, do novo centro de saúde de Conxo, da escola infantil de Santa Marta, aparcaoiros disuasorios, construcción de nova vivenda protexida ou a residencia de maiores de Fontiñas -sobre estas últimas partidas, Reyes matizou que é posible que en partidas xenéricas en rehabilitación ou en política social haxa algunha para santiago, pero de forma específica non figura ningunha das actuacións citadas-.
Tampouco aparece neste documento o Plan Director do CHUS e, a partida que se inclúe e que ascende a 400.000 euros, é inferior ao millón e medio de 2017 e aos 500.000 de 2018. E o mesmo acontece coa Facultade de Medicina, que leva tres anos rebaixando o orzamentos previsto -de cinco millóns a 1,5 para 2019-, e o que é peor, "o porblema verdadeiro é que non se executa".
O parque comarcal de bombeiros é outro dos esquecementos. "Este equipamento tamén está esquecido polo alcalde, que leva moito tempo calado e sen informar se vai haber parque e como se vai financiar", dixo o edil que engadiu que "semella que a Xunta non o vai pagar, xa que non destina nin un euro para 2019".
As cantidades que a Xunta pretende adicar á Capitalidade e ao Consorcio son tamén motivo de crítica para o grupo municipal socialista, que, no caso do Consorcio, subliña que van sete anos coa mesma partida e que resulta urxente incrementala porque "foi vivindo do acumulado so xerentes de gobernos socialistas, e vai moi xustiño", mentres que da Capitalidade afirmou que se a administración galega achegase o do ano 2009, "necesitariamos 4,5 millóns, polo que aínda estamos moi lonxe".
Polo tanto, Paco Reyes considera que estes orzamentos son os do "absoluto esquecemento". Por unha banda, o voceiro criticou ao presidente da Xunta, que "leva moitos anos vivindo en Santiago e segue sen estar empadroado aquí, o que é un síntoma que se ve agravado con estes datos". Por outro, confirman o "resultado dun fracaso" das relacións institucionais do alcalde. "Este é o prezo de cando un se adica a usurpar o papel de Villares de En Marea en Galicia e, polo tanto, ao que se adica é a facerlle oposición a Feijóo en lugar de acadar investimentos para Compostela", dixo Reyes.
Os socialistas presentarán emendas nos vindeiros días.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org