Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Reyes asegura que Compostela Aberta vai "de fochanca en fochanca" na xestión dos centros socioculturais

31/10/2018

O voceiro socialista, Paco Reyes, afirmou esta mañana que o goberno local vai de "fochanca en fochanca" na xestión dos centros socioculturais. Así, criticou que, malia o anuncio do comezo inminente das actividades, a realidade é que máis de trinta persoas levan acudindo aos seus postos de traballo nestas instalacións municipais sen poder impartir as diferentes clases porque non estaban aprobadas e, o que é peor, gastando horas da bolsa que ten contratado o Concello con Ferrovial. "Estamos tirando os cartos ao lixo porque o que ten contratado o Concello é unha bolsa de horas, que se leva gastando dous meses sen impartir as actividades, polo que ao final haberá que poñer máis diñeiro para garantir ditas actividades todo o curso", asegurou Reyes.
O que cualificou o concelleiro socialista como "novo capítulo de despropósitos" do goberno de Compostela Aberta, ten no gasto de horas sen impartir as actividades unha das principais críticas por parte do PSdeG-PSOE, que ademais lembra que solicitara a comparecencia da concelleira responsable deste tema, Concha Fernández, sen que dita comisión fora convocada. "O regulamento permite solicitar a comparecencia, pero con non convocar a comisión xa evitan que compareza", dixo Reyes, que apuntou que mesmo podería comparecer "motu propio". "Nota en transparencia, un cero", dixo.
De feito, o voceiro subliñou que o que está a realizar as funcións de concelleiro responsable da xestión dos centros socioculturais é o alcalde, que compareceu para mudar a reorganización e descentralizala. "Voltamos vinte anos atrás, a unha situación que estaba moi superada e, fronte ás recomendacións da Intervención de centralizar, agora se descentralizan os centros de xestión", manifestou.
Finalmente, Paco Reyes informou de que o seu grupo aínda non recibiu resposta de todas as preguntas formuladas ao grupo de goberno sobre a xeestión dos centros socioculturais, e insistiu en que quere ter acceso ao expediente ao anterior xefe de servizo de ditos centros.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org