Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista pedirá nunha moción de urxencia a convocatoria adicional para poder incluir nas becas de comedor ás familias que quedaron fóra pola renda de 2016

07/11/2018

O grupo municipal socialista presentará ao pleno do vinceiro xoves, día 15, unha moción de urxencia reclamando unha convocatoria adicional e inmediata para que as familias que quedaron fóra das becas do comedor por valorar os datos do IRPF de 2016. O voceiro, Paco Reyes, compareceu esta mañá en rolda de prensa para anunciar esta iniciativa, unha vez que o grupo ten recibido varias queixas, que os socialistas consideran xustas, polo rexeitamento, falla de información e exceso de burocracia das becas tramitadas para o presente curso.
Paco Reyes, en primeiro lugar, criticou o retraso por parte do Concello en comunicar a decisión da concesión, ou non, das becas, xa qué, como destacou, aínda non se teñen publicado os listaxes. Iso si, como dixo, as familias foron coñecedoras do que está a acontecer porque xa recibiron o recibo para o cobro e constataron que non estaba incluida a beca escolar.
Pero, sobre todo, o concelleiro denunciou que o principal problemas para moitas familias -calculan que unhas 50- é que a administración local tivo en conta o IRPF de 2016. A este respecto, subliñou que nestes tempos nos que a situación laboral varía tanto, non é de recibo que os datos que se valoren sexan os de dous anos atrás, eliminando, ademais -como si se fixo na anterior convocatoria- a opción de alegar cambio de situación económica para poder recibir a axuda de comedor. De feito, as queixas que teñen chegado ao grupo socialista con de familias que o ano pasado alegaron un cambio da súa situación económica e, polo tanto, obtiveron a beca, mentres que este curso, cos mesmos ingresos de 2017, a axuda foi rexeitada.
Ademais de instar ao goberno a simplificar a tramitación de todas estas axudas sociais e a mudar as bases con vistas ao vindeiro curso, o grupo municipal socialista presentará a este pleno de novembro unha moción de urxencia solicitando ao Concello a convocatoria adicional e con carácter retroactivo para que as familias que quedaron fóra por ter en conta os ingresos de 2016 poidan presentar de novo os datos, neste caso do último ano, e así acceder ás axudas municipais.
"Hai que dar unha solución a estas persoas para o presente curso e o Concello ten que estar ao seu carón, e máis un goberno que se di de esquerdas", afirmou Reyes, que explicou que para os socialistas é a mellor das opcións, xa que anular a convocatoria anterior dificultaría a situación a familias que xa a teñen aceptada e mesmo complicaría moito o propio programa.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org