Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista mantén unha xuntanza co comité de empresa de Ferrovial e denuncia o descontrol e descoordinación na xestión do servizo

21/11/2018

O grupo municipal socialista engadirá ás preguntas que xa ten formulado ao goberno local sobre multitude de irregularidades da xestión dos centros socioculturais, outras relativas ao número de usuarios das actividades e sobre o recadado para levalas adiante, en comparación, ademais, cos datos do ano pasado. Estas preguntas xurdiron unha vez que o voceiro socialista, Paco Reyes, mantivo unha reunión con representantes do comité de empresa de Ferrovial, a concesionaria deste servizo, que trasladaron ao grupo as queixas que levaron a traballadores e usuarios e desenvolver unha serie de reivindicacións.
Como destacou Reyes, as protestas dos traballadores non só teñen como orixe a defensa dos seus dereitos, senón tamén garantir a calidade do servizo. E, a este respecto, o voceiro subliñou que "toda a desorganización que existe coa programación ten incrementado o número de baixas, tanto por renuncias de monitores como de tipo médico". Así, n actualidade máis dun tercio dos traballadores non están en activo, "o que incide na calidade do servizo".
O edil tamén denunciou o problema que existe coas nóminas, xa que, como explicou, malia que os empregados cobran menos por axustes das tablas salariais, o Concello paga o mesmo a Ferrovial. "Se por exemplo, antes un traballador cobraba 600 euros e agora pasa a cobrar 400, hai un beneficio extra para a empresa de 200 euros, posto que o Concello segue achegando a mesma partida", indiciou Reyes, que engadiu que "o Concello, e máis cun goberno que se di de esquerdas, ten que esixri que os empregados desta concesionaria estean ben pagados e cun servizo de calidade".
A duplicidade de actividades coas que prestan as asociacións de veciños, ou o feito de que na actualidade aínda hai centros -os do rural- nos que as e os usuarios teñen as actividades pegadas pero sen impartir, son outras denuncian trasladadas polo comité de empresa ao grupo socialista. Para Reyes, deste "descontrol" e "descoordinación" é responsable o goberno de Compostela Aberta.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org