Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes asegura que a conta xeral de 2017 é a do "descontrol" e a "opacidade", e contrapón o gasto con Bugallo de 292 euros por habitante ao de Noriega de 68

13/12/2018

"Esta conta xeral, a terceira que presenta Compostela Aberta, é a da opacidade e o descontrol". Con estas palabras cualificou o voceiro socialista, Paco Reyes, a proposta de contas correspondentes a 2017, que levará o grupo de goberno ao pleno do vindeiro 20 de decembro e que presentaron esta mesma mañá na comisión informativa de Facenda.
Ademais de cuestionar que este documento reflexe unha imaxe fiel da situación financieira do Concello e de afirmar que "non pasaría unha auditoría pública sen anotacións con serias advertencias" -por exemplo, subliñou que despois de tres anos e medio, non se coñece o inventario de bens polo que non se sabe o activo do Concello, quen o ten e quen o mantén-, Reyes asegurou que CA está na actualidade na mesma situación que o PP de Conde Roa no relativo á regra de gasto. A este respecto, o concelleiro criticou a reducción progresiva da capacidade de gasto, que suporá unha "hipoteca" para o goberno que veña despois das eleccións de maio de 2019.
Con respecto aos datos da conta xeral, Paco Reyes destacou, en primeiro lugar, que a execución global do orzamentos é case cinco punto sinferior á de 2016 -de 79,75% pasouse ao 75,21%-, o que amosa qe "imos a peor" e que "Compostela Aberta deixou de gastar na cidade nestes anos de mandato máis de 21 millóns de euros". "O goberno prefiere deixalos nos bancos para amortizar unha débeda que nunha foi un problema para este concello", apuntou.
En canto aos investimentos, e tal e como se prevía, a execución non chega ao 22%, o que significa que "de cada cen euros, 78 non se gastaron, non se xestionaron os papeis, non se fixeron as obras".
Así mesmo, como subliñou, a 31 de decembro a débeda a proveedores era de 22 millóns de euros, mentres que en caixa había máis de 25. "É dicir, que poderían pagar todo o adebedado, que sobre todo é a comerciantes e pequenos empresarios da cidade, a aínda quedaría partida", dixo o voceiro.
Paco Reyes puxo enriba da mesa outro dato: os máis de 18 de millóns de partidas de dubidoso cobro. "Que é o que non se vai cobrar e por que?", dixo, citando os 2,2 millóns do POS, os 400.000 euros en trasnferencias e subvencións da Deputación, os 660.000 da Deputación para saneamento ou os 453.000 euros do Edusi.
Así, o problema da conta non só afecta á xestión do gasto, senón tamén aos ingresos e ás asubvencións que tiñan que achegar outras administracións.
E que quedou sen gastar? Pois, como apuntou Reyes, partidas tan importantes como 1,4 millóns para asistencia social primaria; 950.000 euros para fomento do emprego; 854.000 euros para a protección do patrimonio histórico-artístico; 1,3 millóns para instalacións deportivas; 2,5 millóns para camiños veciñais; 1,15 para axudas a vivendas; 3,5 millóns para pavimentación de vías públicas; 2,6 para actuacións integrais de vías públicas; e 600.000 euros para infraestruturas urbanas.
Reyes rematou a súa intervención contrapoñendo o gasto por habitante de 292,28 euros do ano 2010, gobernando o socialista Sánchez Bugallo, cos 68 de Martiño Noriega en 2017.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org