Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Paco Reyes: "CA pretendía ecribir un relato épico da cidade, pero o que ten feito neste mandato se asemella máis a un cómic de Ibáñez"

03/01/2019

Coincidindo co inicio do novo ano, o voceiro socialista, Paco Reyes, realizou un balance de 2018, que non considera un exercicio máis, senón o do fin do mandato e, polo tanto, resume o que teñen sido estes case catro anos de goberno de Compostela Aberta. Para o concelleiro, "unha cidade non se xestiona a base de tuits, comentarios de Facebook ou fotos no Instagram, como ten feito CA, senón que se fai con seguemento do compromiso, materializado nun programa electoral". "Este seguimento ao noso programa é o que ten caracterizado ao PSdeG-PSOE, tanto no goberno como na oposición", asegurou o edil, que ironizou co relato co que se presentou o equipo de Martiño Noriega, apuntando que "pretendían que fora un relato épico, un "Julio Verne, da terra á lúa", pero o que teñen acadado é que sexa un cómic de Ibález, non sei se Mortadelo e Filemón ou Pepe Gotera e Otilio, chapuzas a domicilio".
Neste desenlace do denominado relato por parte do alcalde Noriega, Para Reyes criticou, en primeiro lugar, a falla de mantemento da cidade (parques e xardíns, colectores, limpeza viaria, beirarrúas e mesmo fochancas); a cada vez máis elevada lista de servizos sen contrato; e o "serio problema de xestión" no pago a proveedores e na execución orzamentaria. Sobre a primeira cuestión, Reyes lembrou que os incuprimentos nos prazos no pago a proveedores provocaron que o remanente de 2017 non se poidera adicar a investimentos e se tivera que destinar a pego de débeda, e que no caso de que o Concello teña que pedir un novo crédito, haberá que pedir permiso á Xunta (isto é, se ten perdido autonomía local). Sobre a execución, o edil apuntou que "o normal é que un goberno novo aprenda co paso dos anos e mellore en cada exercicio, pero Compostela Aberta non só non mellorou, senón que os niveis de execución de cada ano son peores que os de exercicio anterior".
Os problemas do alcalde coas relacións institucionais é unha das materias pendentes deste goberno, segundo destacou Paco Reyes, que entre outros exemplos e a cinco meses das eleccións, preguntou cando se vai convocar o Real Patronato para abordar o Plan do Xacobeo e os investimentos para 2021.
Menos control, menos transparencia e menos fiscalización. Estes son outros problemas denunciados ao longo de todo o mandato e agudizados neste último ano. Por exemplo, unicamente se teñen coñecido datos sobre os contratos sen publicidade (a dedo) de 2016, que eran, nada máis e nada menos, que o 54%. "Non temos información nin de 2017 nin o avance de 2018", dixo o concelleiro do PSdeG, que tamén a modificación das bases de execución eliminando a fiscalización plena para a limitada previa "resultou ser unha excusa, xa que supostamente o obxectivo era axilizar a xestión e mellorar a execución e estamos vendo que iso non é así, senón todo o contrario".
Reyes cuestionou que "un alcalde que tardou tres anos e medio en resolver o problema dun instrumento, o fagot, da Banda Municipal de Música, sexa quen de desenvolver un proxecto enteiro dunha cidade, que é ademais a capital de Galicia".
Para o voceiro socialista, CA non levou a cabo ningún proxecto propio, senón que "abrazou con gran entusiasmo" os que impulsara o PP, e ademais con múltiples problemas, como o intercambiador, EDAR, rúa Carretas, Carreira do Condo, Montero Ríos, Vista Alegre ou Quiroga Palacios.
Finalmente, e fronte á declaración inicial de Noriega anunciando "viñemos a pacificar a cidade", o concelleiro socialista recoñeceu que se ben iso é certo (iso sí, matizou que grazas a toda a corporación e non só polo grupo de goberno) e que Santiago xa non sae no New York Times asociada á palabra corrupción, a realidade é que nestes anos se ten xudicializado unha parte importante dos problemas da cidade: ORA e guindastre, centros socioculturais, Escola Municipal de Música, asistencia a domicilio ou Sala Malatesta.
Paco Reyes, no que se refire ao grupo socialista, destacou o traballo de fiscalización, pero sempre propositivo, en todos estes anos, tamén no 2018, e subliñou a capacidade de chegar a acordos con todos os grupos, incluido o grupo de goberno, Compostela Aberta. Así, lembrou que mesmo en 2018 os socialistas facilitaron a aprobación dos orzamentos, o mesmo que ocurrira en 2017 e 2016. "Se foron incapaces de aproveitalo, é problema de CA", dixo o máximo responsable do GMS.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org