Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Paco Reyes asegura que a "turismofobia" de Compostela Aberta empeza a dar os seus froitos

04/01/2019

Os datos que se están a coñecer estas semanas sobre número de viaxeiros e o aeroporto de Lavacolla, tanto por organismos oficiais como o Instituto Nacional de Estadística (INE) e Aena como por organizacións de empresas do sector como Exceltur, confirman que "a turismofobia de Compostela Aberta comeza a dar os seus froitos". Así o asegurou esta mañá Paco Reyes, voceiro do grupo socialista, que anunciou para o pleno de xaneiro unha nova moción sobre turismo na cidade, na que o seu grupo presguntará cando vai facer CA a proposta de modificación de Incolsa que levaba no seu programa e as razóns que a levaron a propoñer unha baixada nos orzamentos de 2019 nas partidas de turismo; cal é o impacto da perda de Turkish Airlines -importante "hub" de unión entre Europa e Asia- e a recente de Rynair a Barcelona -coa redución importante de enlces vía El Prat-; que calendario hai para a posta en marcha dos destinos internacionais aprobados polo Comité de Rutas; e como foi o primeiro ano de posta en marcha do Plan Estratéxico de Turismo, así como cando se vai presentar o balance do anterior documento.
Os socialistas levan moito tempo advertindo das patoloxías do turismo en Compostela e denunciando a nula xestión que CA está a realizar nesta área, e os datos que se están dando a coñecer coincidindo co remate do ano confirman estes temores. Así, e agardando ás finais -que se farán públicas en cuestión de días-, Reyes destacou que o INE reflexa unha baixada, entre novembro de 2017 e 2018, de 116.479 viaxeiros, que no caso dos estranxeiros supón unha redución do 22,2% con respecto ao ano pasado. Tamén as pernoctacións rexistraron unha baixada importante, 107.996 menos e, neste eido, o caso dos estranxeiros é notable, posto que se reduciu nun 17%.
Isto, como subliñou Reyes, tivo un impacto no grao de ocupación, que foi inferior tanto nas fins de semana (case catro puntos menos) como por praza (cae case tres puntos).
Tamén o impacto se ten resentido no rendemento económico. A baixada, segundo dixo o edil socialista, supuxo -tomando estes datos e as últimas cifras publicadas de gasto, que son de 2017-, un gasto en turismo por parte dos viaxeiros de 12,5 millóns -ou sexa, de ingresos para o sector e para a cidade-, e se temos en conta a diferencia na rendabilidade media -nos destinos urbanos é de 76,3 euros por habitación e en Santiago é de 53,7-, e perda económica ascende a 28 millóns de euros.

LAVACOLLA
No que se refire a Lavacolla, os datos acumulados en 2018 -ata o 30 de novembro- evidencian un cremento moi inferior ao do resto de España -3,3% fronte ao 5,7% de media estatal- e menor tamén ao das terminais galegas -A Coruña un 7,4% e Vigo un 5,5%-. En operacións aínda é peor, posto que Lavacolla incrementou un 1,6% fronte o 5,6% da media do Estado, e no caso de Alvedro, por exemplo, a suba foi do 8,5%. isto leva, segundo Reyes, a que Santiago teña perdido por primeira vez un punto de cota de mercado con respecto ás dúas outras terminais galegas, e a que a suma deses dous aeroportos gañen case tres puntos con respecto ao de Compostela.
Por todo iso, Paco Reyes anunciou a presentación para o seu debate e, se procede, aprobación, no pleno do 17 de xaneiro, dunha nova moción relativa ao turismo.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org