Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Reyes responsabiliza a CA e PP da perda de, ata en dúas veces, de fondos comunitarios para a EDAR e pide ao Goberno central que asuma a obra coa Xunta por ser de interese xeral

16/01/2019

A nova perda dos fondos europeos (Feder) para estación depuradora de Santiago, en favor da ría da Coruña, é, para o voiceiro socialista, responsabilidade de Compostela Aberta, por tardar case tres anos en decidir modificar a ubicación da EDAR da Silvouta ao Souto e, polo tanto, perder un tempo que agora resulta insuficiente para poder captar eses fondos antes de 2023. Paco Reyes acusaba desta situación non só a CA, senón tamén ao PP, que foi o primeiro que perdeu axudas europeas en 2014 por unha "razón electoralista". O concelleiro socialista pediu ao Goberno central, "estea gobernando o partido que sexa", que asuma o financiamento desta obra, "que entendemos que é de interese xeral, como así foi incluida, primeiro, na Confederación Hidrográfica do Norte e, despois, da do Miño-Sil". Ademais, considera Reyes que a Xunta tamén debe participar no seu financiamento, mentres que a veciñanza non ten que asumir o custe desta intervención, xa que "cumprimos coa nosa parte pagando o canon de saneamento que non sabemos donde foi". "A ineptitude, demagoxia e electoralismo do PP e CA non pode supoñer que sexa a cidadanía a que a pague", dixo.
A perda de fondos Feder para a EDAR de Santiago foi fondamente criticada polo voceiro socialista, que se ben non ten reparos en reclamar ao Goberno central, actualmente en mans do PSOE, que asuma, xunto coa Xunta, o financiamento do que entende é unha obra de interese xeral, responsabilizou da situación á que se ten chegado a PP e, na actualidade, a Compostela Aberta.
O PP, por perder as axudas europeas de 2014, por unha cuestión unicamente electoralista, que foi o cambio inxustificado (agás o electoral) dunha ubicación, Silvouta, ao Souto.
E CA, por perder estes novos fondos. "A súa falta de proxecto de cidade e súa incompetencia e incapacidade" levou a esta situación, dixo Reyes, que subliñou que se ben o seu grupo sempre estivo en contra do Souto -como calquera, engadiu, que coñece esta zona, pero que Compostela Aberta tardou en visitar tres anos-, o cambio debería ter sido en 2015, e non case tres anos despois. "Compostela Aberta abrazou o proxecto do PP, e agora presenta unha solución que os técnicos de Acuaes non avalan, ao entender que esta opción na Silvouta obriga a facer un estudo de impacto ambienal completo e, polo tanto, non da tempo a rematar a obra en 2023", apuntou Paco Reyes, para o que "disto non ten culpa ningunha a veciñanza de Santiago, senón o grupo de goberno de Compostela Aberta".
Para paliar esta situación, e asumindo que se trata dunha obra de interese xeral, Reyes insta a Goberno central e Xunta a asumir o financiamento da EDAR.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org