Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes considera que a conta xeral de 2017 "é unha partitura da sinfonía da pésima xestión de CA"

28/01/2019

Unhas horas antes da celebración do pleno extraordinario no que se somete a votación da corporación a conta xeral de 2017, o voceiro socialista, Paco Reyes, cualificaba este documento como "unha partirtura da sinfonía da pésima xestión de Compostela Aberta".
O concelleiro, que compareceu en rolda de prensa, criticou, entre outras cúestións, que se presentara tan fóra de prazo e, de feito, asegurou que "é a primeira vez na historia da democracia que estamos na lista negra da Xunta para recibir subvencións", xa que é requisito fundamental que o goberno local teña dito documento. De feito, a data límite para ter aprobada a remitida ao Tribunal de Cuentas e a Xunta era o 15 de outubro.
Como destacou Reyes, na conta xeral de 2017 hai ausencia de execución que derivou nun remanente de oito millóns de euros, que á súa vez non poideron ser adicados a investimentos por non cumprir co pago medio a proveedores e, polo tanto, tiveron que destinarse a amortización de débeda.
Precisamente sobre o pago a proveedores, o concelleiro socialista explicou que a 31 de decembro eran máis de 22 millóns de euros o que se lles debía -e a maioría, pequenos comerciantes e empresarios composteláns-, mentres que en caixa había máis de 25,6 millóns. "Non se xustifica que se teña esta cantidade en caixa e que non se lle pague á xente que é, ademais, case toda de Santiago", dixo.
Reyes tamén destacou que os saldos de dubidoso cobro ascenden a 18,3 millóns, un millón máis que en 2016. A este respecto, o voceiro preguntouse pola orixe destas débedas co Concello sen cobrar, así como denunciou "todo o que se deixou de ingresar".
Sobre a execución orzamentaria da partidas de capital, o concelleiro lembrou que non chegou ao 22%, polo que de 100 euros para investimentos, 78 quedaron sen gastar. Sobre este punto, Reyes citou algúns exemplos de partidas con baixo, ou mesmo nulo, grao de execución, como a familias e ONG -o 99% sen executar-; mantemento de parques e xardíns -sen executar o 28%-; instalacións deportivas -o 45%-; camiños veciñais -o 71% sen gastar-; vivenda -o 100% sen executar da partida consignada-; ou a protección do patrimonio histórico-artístico -o 56% sen executar-.
Para Reyes, esta conta, tal e como está presentada, "se tivera que pasar por unha Auditoría pública, non a pasaría sen seria advertencias", xa que faltan, entre outros, o inventorio do patrimonio do Concello -que provoca que a conta xeral non sexa un "fiel reflexo" da situación económica, financieira e patrimonial do Concello-.
"A situación de case dous millóns de euros en facturas no caixón, das que 433.00 euros viñan de 2016 que nin foron orzamentadas en 2017dan idea da situación real da xestión deste goberno", manifestou o concelleiro do PSdeG-PSOE, que engadiu que "o gasto total de 2017 foi menor que en 2016, e cinco puntos inferior a xestión dos ingresos". "Isto constata que non estamos ante un grupo de goberno novo, que aprende e mellora, senón o contrario, xa que os datos son peores que en 2016", indicou.
Finalmente, Paco Reyes fixo unha reflexión sobre o que vai afectar a Santiago a aplicación da regra de gasto, coa que, como quixo clarexar, "nós non estamos dacordo". Pero a realidade, continuou, é que ao non poder gastar máis que unha porcentaxe do que se gastou en cada ano e dado o baixo nivel de execución, "o que CA está a facer é estrangular a capacidade de gasto do goberno que saia das municipais de maio de 2019". Ademais, a este problema hai que engadir que o grupo de goberno está a gastar en débeda, pero ao mesmo tempo non deixa de endebedarse. "Os dous anos de carencia dos préstamos do goberno van afectar sobre todo ao goberno seguinte", dixo Reyes.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org