Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista presentará no pleno de febreiro unha moción reclamando un local para a AVV A Ponderosa de Vite

30/01/2019

O grupo municipal socialista levará unha moción ao pleno do presente mes de febreiro a través da que reclamará un local para a Asociación de Veciños A Ponderosa de Vite. Como destacou o concelleiro Gonzalo Muíños, trátase dunha demanda dunha entidade que leva máis de trinta anos de intensa actividade.
O pleno do mes de febreiro sometará a aprobación da corporación municipal a moción do grupo socialista instando ao grupo de goberno a poñer a disposición da AVV A Ponderosa de Vite un local no que poder desenvolver as numerosas actividades que leva a cabo.
O edil Gonalo Muíños fixo fincapé no que considera que é unha necesidade xusta e factible, posto que son moitas e moitos os veciños que demandan un espazo para unha entidade que nestes trinta anos de funcionamento non fixo máis que incrementar a súa oferta tanto formativa como de lecer. Muíños destacou que este local, sobre todo, vai beneficiar á terceira idade, á que se dirixen iniciativas como xogos de mesa, pilates ou obradoiros de memoria. Tamén fixo alusión ao feito de que son máis de 3.000 as persoas que se poden beneficar deste local, posto que abrangue a numerosas rúas do barrio de Vite e doutras zonas próximas.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org