Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

O grupo socialista reclama que se sinalicen as obras de Frei Rosendo Salvado en diferentes rúas do Ensanche para evitar problemas no tráfico rodado

06/02/2019

O grupo municipal socialista reclama do grupo de goberno a colocación da sinalización oportuna en diferentes rúas do Ensanche para informar das obras que se están executando en Frei Rosendo Salvado e que manteñen esta rúa cortada dende o 15 de xaneiro. De feito, e malia que os propios responsables municipais informaron no seu momento de que os traballos estarían rematados o 29 do mesmo mes, a realidade é que esta rúa segue pechada, provocando numerosos problemas no tráfico rodado, sobre todo en horas punta.
Ata o grupo municipal socialista teñen chegado numerosas queixas polos problemas que, sobre todo en determinados momentos do día, se están a producir no Ensanche pola falla de información do peche de Frei Rosendo Salvado para executar unhas obras que, aínda que terían que estar rematadas o pasado 29 de xaneiro, seguen en execución.
Para os socialistas, estas reclamacións están máis que xustificadas e, polo tanto, reclaman ao grupo de goberno de Compostela Aberta que mentres que se desenvolvan os traballos se coloquen sinais informando das obras e do peche da rúa Frei Rosendo Salvado nos seguintes puntos do Ensanche: Praza de Vigo, Santiago del Estero, Montero Ríos con Alfredo Brañas e República Argentina con San Pedro de Mezonzo.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org