Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

Paco Reyes pregunta ao alcalde que dea conta da actividade da Mancomunidade neste mandato, "máis aló de fotos e de declaracións triunfalistas"

19/02/2019

O voceiro socialista, Paco Reyes, dirixiuse ao goberno local e, nomeadamente, ao alcalde Noriega para interesarse pola actividade desenvolvida ao longo deste mandato no relativo ao funcionamento da Mancomunidade, "máis aló das fotos que se fixo, que xa as vimos todos, e das declaracións triunfalistas, que tamén as coñecemos".
Por outra banda, Reyes denunciou a falta de seguimento do goberno municipal na xestión dos servizos por parte das empresas subcontratadas, como é o caso da limpeza. A través dunhas fotos tomadas na rúa Souto Paz (Restollal), o edil amosou o estado no que quedan os colectores e a súa contorna unha vez que pasa o camión de recollida de lixo. O concelleiro subliñou que CA se comprometera a realizar unha audítoría para avaliar a calidade e eficacia dos servizos concesionados, e aproveitou a ocasión para incidir, de novo, nos numerosos servizos que están en situación irregular ou sen contrato, como as pistas de pádel, a Escola Municipal de Música, o Matadoiro, o servizo de limpeza das instalacións municipais, e limpeza e e conserxería de centros de ensino público ou o centro de interpretación ambiental de Compostela.
O concelleiro do PSdeG-PSOE lembrou, en primeiro lugar, a promesa na campaña das municipais de 2015 de Martiño Noriega de fusionar varios municipios. "Foi unha das súas promesas estrela", destacou Reyes, que preguntou ao rexedor polas xestións ou achegamentos levados a cabo nestes anos de mandato para acadar este obxectivo.
Entendendo que non se fixo nada, Reyes referiuse á recuperación da Mancomunidade por parte de Compostela Aberta, "un organismo creado por un goberno socialista que o PP tiña esmorecendo". A este respecto, o voceiro socialista apuntou que "rematando xa o mandato, e máis aló de fotos, que xa as vimos, e de declaracións triunfalistas, é a hora de coñecer o que se fixo".
Sobre este punto, o concelleiro do PSdeG-PSOE puxo enriba da mesa as competencias aprobadas cando se constituiu a Mancomunidade e, así, preguntou polo que se fixo nestes anos desde este organismo comarcal en promoción do emprego, servizos sociais, protección do medio, actividades culturais, fomento da actividade económica, do turismo ou as axudas e subvencións que se tramitaron ou recibiron por parte das diferentes administracións.
Por exemplo, Reyes preguntou se houbo algún contacto co Concello de Ames para resolver o problema de estacionamento en orixe e buscar unha fórmula para que a veciñanza de Ames chegue a Santiago sen ter que empregar o vehículo privado.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org