Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ROLDA DE PRENSA

O grupo socialista levará ao pleno de marzo unha serie de actuacións de mellora no Quiroga Palacios

27/02/2019

O voceiro socialista, Paco Reyes, anunciou esta mañá ante os medios de comunicación que o seu grupo municipal levará ao pleno ordinario de marzo unha serie de demandas relativas ao CEIP Cardeal Quiroga Palacios, algunhas de máis relevancia, como a construcción de baños no patio para Infantil ou a cesión de terreos á Xunta para o novo aulario de Infantil e pavillón, eoutras menos relevantes, como solventar os problemas cos canalóns que botan auga ao patio cando chove, o pintado das escaleiras ou a instalación de tarima flotante na biblioteca.
Por outra banda, Reyes amosou a súa preocupación polo anuncio, a 90 días das eleccións, do acordo con varias centrais sindicais de representación de traballadores do Concello -considera que é pouco serio facelo a estas alturas, despois de case catro anos, e ten dúbidas por se acaba sendo igual que o acordo do PP co Sergas en 2005, ademais de lembrar que faltan informes que algún sindicato reclama, como o de Intervención, Asesoría Xurídica e Persoal- e aproveitou a rolda de prensa para preguntar ao alcalde, Martiño Noriega, se é certo que se está a reunir con representantes de traballadores de empresas, como Viaqua ou Xade, para asegurarlles que Compostela Aberta se gaña as eleccións do 26 de maio vai municipalizar os servizos -polo menos, o de auga e de xestión de instalacións deportivas- e, polo tanto, o persoal destas empresas vai ser público. Para Reyes, de ser así, é "gravísimo", dado que na actualidade hai un pleito por este tema no caso da ORA e o guindastre e non se pode asegurar que se van recuperar servizos sexa como sexa e diga o que diga a memoria correspondente.
Paco Reyes anunciou que o grupo municipal socialista demandará no vindeiro pleno a execución por parte do Concello dunha serie de actuacións no CEIP Cardeal Quiroga Palacios, reivindicacións plantexadas pola dirección do centro e que o goberno municipal ten ignorado. Reyes destacou que este colexio ten experimentado un notable incremento no número de alumando, o que fai necesario que se leven a cabno unha serie de intervencións.
De feito, en 2010 o CEIP tiña arredor de 200 estudantes, mentres que para o curso 2019-20 teñen unhas previsións de 484, o que supón multiplicar o alumnado x2,25. Ademais, o edil infirmou de que existen na zona do centro escolar censados 124 nenos e nenas de 0 a 3 anos e, polo tanto, estudantes potenciais do Cardeal Quiroga Palacios.
Para o concelleiro socialista, unha das obras máis necesarias é a construcción de baños no patio, que na actualidade se atopa en mal estado, é pequeno e non está cuberto na súa totalidade, pero vai ser obxecto dunha actuación por parte do Concello. Precisamente o remanente que queda entre a licitación -80.000 euros- e o importe de adxudicación -63.820- pode ser utlizado. tal e como demanda a comunidade educativa do centro, para executar esta actuación. Precisamente como "curioso" cualificou Reyes que o proxecto de reforma e ampliación do patio fora de 2016 e non se presentara ao colexio, xa pechado, ata setembro de 2018.
Outra necesidade do Quiroga Palacios é un novo pavillón, para dar resposta ao incremento do alumnado de infantil, así como un novo aulario para ditos nenos e nenas. A este respecto, Reyes subliñou o compromiso realizado polo concelleiro da área, Manuel Dios, relativo a ceder os terreos necesarios á Xunta, extremo que aínda non se produciu. Polo tanto, levar a cabo este trámite é outra das reivindicacións que levará a pleno o grupo socialista. Ademais, nestes terreos tamén se debería ampliar o parking para profesorado, claramente insuficiente na actualidade.
Ademais, existen outras demandas menores, como dotar ao centro dun aula de psicomotricidade (agora ocupan literalmente un corredor), arranxar os canalóns porque cando chove cae a auga no patio, pintar as escaleiras ou colocar tarima flotante da biblioteca, que vén de ser aceptado un proxecto de desenvolvemento das súas instalacións.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org