Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

NOTA DE PRENSA

Paco Reyes cualifica a política de desenvolvemento empresarial e económico de Compostela Aberta como "auténtico fracaso"

04/03/2019

Para o voceiro socialista, a política levada a cabo durante este mandato por parte de Compostela Aberta no relativo ao desenvolvemento económico e empresarial é de "auténtico francaso", asegurando que o peche de empresas ten crecido nestes últimos anos, con respecto a 2015, case un 14%.
Ante esta situación, o concelleiro considera que é necesario dar un "xiro"para mudar unha situación de "quen non ten un claro interese, un claro proxecto, unha clara intencióne un claro horizonte para o que se ten que facer en Santiago para xerar emprego, emprego e riqueza e para facer esa diversificación dese tecido empresarial que nós entendemos que é importante".
Como explicou Paco Reyes, Santiago non só incrementou nestes catro anos case un 14% o peche de empresas -e cada exercicio con datos peores que o anterior-, senón que se ten convertido na segunda cidade cunha taxa de natalidade de empresas máis baixa de Galicia, tras Lugo.
O concelleiro afirmou que as propostas promovidas neste mandato polo grupo socialista para a diversificación do tecido empresarial non tiveron acollida por parte de Compostela Aberta, e non só iso, senón que neste tempo a única iniciativa promovida neste eido foi privada, do Tambre, coa colaboración da USC, a Xunta e o Concello, pero sin un apoio real por parte da administración real, segundo dixo Reyes.
O edil, que lembrou que os orzamentos para esta área sempre foron baixos e, ademais, teñen quedado arredor de 500.000 euros sen executar.
Para Reyes, exemplo de que para Compostela Aberta a diversificación económica non foi unha preocupación é que non teñan atendido propostas socialistas como a de promover unha plataforma loxística (porto seco), o clúster de construcción e rehabilitación, a cidade da imaxe e do son, ou o bioclúster (aproveitando o campus da saúde).
Para Paco Reyes, os datos e a falta de actuacións son preocupantes e amosan que nesta área "tamén imos a peor". Como manifestou, se non se acada a diversificación económica e empresarial, "vai ser difícil que a nosa xuventude atope traballo na nosa cidade, nomeadamente para o que ten preparadado" e, así, reclamou un xiro para dar a volta a estas cifras negativas para a nosa cidade.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org