Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

PLENO

Aprobada a Creación da Comisión Especial de Memoria Histórica

26/09/2019

O pleno ordinario do Concello de Santiago de Compostela comezou cun minuto de silencio en memoria das mulleres víctimas de crimes machistas, e de rexeitamento de calquera tipo de violencia de xénero. A continuación aprobouse por unanimidade a moción de urxencia do BNG para que o Concello medie con AENA para solucionar o conflicto de persoal do aeroporto. E tamén se aprobou, coa abstención do PP e o posicionamento favorable dos demais grupos, a Creación da Comisión Especial de Memoria Histórica.
O pleno aprobou a proposta de alcaldía de festivos locais para 2020. O 25 de febreiro, martes de Entroido; e o 21 de maio, día da Ascensión.

O pleno tamén deu luz verde, por unanimidade, á aprobación provisional da modificación puntual do PXOM nas "Disposicións transitorias 2ª e 12ª. Plan parcial de Fontiñas e PERIS de Concheiros, Vieiro e Outeiro". A modificación proposta supón un incremento máximo do 10,63% sobre a superficie edificable permitida polo planeamento vixente.

Aprobouse, por unanimidade, a modificación puntual do plan especial para o desenvolvemento do sistema xeral de equipamento deportivo "ZD-2. Área deportiva de San Lázaro. Suporá, entre outros puntos, ordenar o ámbito da "cidade da raqueta" a partir do Anteproxecto de Centro Deportivo xa elaborado, definindo os volumes e regulando as condicións da súa implantación. O alcalde sinalou que "se iniciarán as xestión necesarias para axilizar as obras".

O pleno tamén acordou a ampliación de usos permitidos na reserva de equipamento "EU-9. Rúa de Casas Reais, 8", a fin de autorizar os seguintes: sociocultural, institucional-administrativo, docente, investigador e asistencial, desenvolvidos pola Universidade ou por calquera outra administración ou entidade pública. A proposta aprobouse por unanimidade.

Tamén saiu adiante a proposta de nomemeamento de vogais da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, que quedaría da seguinte maneira: polo Grupo Socialista os concelleiros Mercedes Rosón e Sindo Guinarte; polo Grupo Popular, José Antonio Constenla e Evaristo Ben; por Compostela Aberta, Jorge Duarte; e polo BNG, Goretti Sanmartín. A USC estaría representada por don Pegerto Saavedra, a Dirección Xeral de Patrimonio por Manuel Chaín, o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela por Lourdes Pérez, e o Colexio de Arquitectos de Galicia por Carmen Rey. O Grupo Socialista e o BNG votaron a favor. O PP abstívose, e CA votou en contra. O alcalde sinalou "que non vai cuestionar aos representantes propostos polos outros grupos políticos" e agradeceu aos que formaron parte da Comisión a súa "dedicación e o seu traballo".

Os concelleiros do PSdeG abstivéronse na proposición de CA sobre un "Pacto Polo Rural". O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, deixou clara a aposta do Grupo de Goberno polo Rural. Lembrou que o Pacto polo Rural está no programa electoral do Grupo Socialista, sinalando que "o oportunismo non é bó". O mesmo que pensar o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo. O Grupo Socialista é partidario de crear primeiro o Consello Municipal do Medio Rural. A proposición aprobouse cos votos a favor de CA e BNG. O PP tamén se abstivo.

O Grupo Socialista posicionouse en contra da proposición de CA para desenvolver unha planificación das residencias escénicas nos Centros Socioculturais, concretamente na Sala Agustín Magán e no Centro Cívico do Romaño. A concelleira de Acción Cultura, Mercedes Rosón, explicou o compromiso do Grupo Socialista de levar a Xunta de Gobernoba cuarta Convocatoria de Residencia de Artes Escénicas da Sala Agustín Magán, pero sen incluir na mesma a integración do auditorio do CSC do Romaño.

O Grupo Municipal Socialista apiou a proposición do grupo municipal do BNG para a creación da Comisión Especial da Memoria Histórica. Presentou dúas enmendas, que foron aprobadas. No punto solicitouse a substitución do parágrafo: "erguerase un monumento de homenaxe as vítimas da represión durante o franquismo". Na proposición do BNG só se falaba de Ángel Casal, pero con esta enmenda inclúese a outro rexedor represaliado, Germán Rodríguez. A enmenda de substitución par ao punto 4, o que cambia é o sentido da frase. Antes puña instalará no aeroporto, pero o concello non temos competencias nesa materia; polo que se propon cambiala por "promoverá a instalación". Defendeuna o concelleiro de Relacións Institucionais. Sindo Guinarte sinalou que se "trata dunha reparación moral ás víctimas". Ademais do grupo socialista votaron a favor CA e BNG, e o PP abstívose algo que o alcalde lamentou. Aínda así, Sánchez Bugallo convidou ao Grupo Popular a participar na Comisión.

O grupo socialista tamén se posicionou en contra da proposición do PP de modificación das normas que regulan as actividades artísticas e artesanais na vía pública. Argumenta o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, que xa están debidamente reguladas.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org