Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

PLENO

Unanimidade en temas sensibles para a cidade, con varias declaracións institucionais

26/09/2019

O pleno de hoxe caracterizouse pola aprobación de varias declaracións institucionais, relacionadas con temas sensibles e de importancia para a cidade. Entre elas unha contra as violencias machistas e a necesidade de aumentar os recursos para as políticas de igualdade.

Noutra declaración institucional, tamén se acordou solcitarlle á Xunta de galicia a adecuación da EOI á demanda existen e prevista en Santiago de Compostela, e facilitar, se fose preciso, unha parcela municipal para acoller o novo edificio. E outra delas, foi tamén a solcicitude da implantación do ciclod e grao medio e superior de orfebrería e pratería e o curso de especialización en Santiago de Compsotela.

Outra declaración institucional aprobada foi a relativa á posta en marcha do centro de referencia estatal CREGA destinado á atención residencia de persoas con discapacidade, e a implantacion da delegación do centro estatal de autonomía persoa e axudas técnicas (CEAPAT) no Centro Galego de Desenvolvemento integral CEGADI,localizado en Salgueiriños.

Por último tamén se acordou,noutra declaración institucional, comprometerse a traballar coa Delegación do Goberno para dar solución as demandas plantexadas polos traballadores do Aeroporto Rosalía de Castro.

ROGOS

Sobre a posta en marcha do servizo de lacería durante as 24 horas, un rogo do BNG, a concelleira de Benestar Animal, Esther Pedrosa, sinalou que se está elaborando un prego de condicións do contrato que contemplaría sete horas e Unha bolsa de horas para atender servizos de urxencia.

En canto ao rogo do PP, para resolver as demandas veciñais da Asociación de veciños de Monte de Deus; o concelleiro de Barrios e Obras,Javier Fernández, foi claro: xa mantivo contactos cos membros da asociación e hai un encontro programado para os próximos días. En canto se reunan, di Javier Fernández "procederemos a solucionar as demandas do barrio" entre as que se inclúen precisamente, o arranxo das humidades da caseta, a poda do plataneiro ou substitución por outra especie, e a reposición ou arranxo do mobiliario urbano deteriorado. Tamén indicou se está a estudar a proposta dun incremento das frecuencias na liña de bus.

Tamén respondeu Javier Fernández ao rogo do Grupo Popular sobre a mellora ambiental en terreos do SUP-3 de Pontepedriña próximos ao aparcamento baixo o viaduto do AVE. O concelleiro aclarou que unha vez rematen as obras de urbanización do SUP-3 que se están acometendo "mellorará a calidade ambiental e urbanística da zona".

146. No relativo ao rogo do Grupo Municipal Popular sobre a limpeza do Río Sarela, a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, sinalou que "despois de que a Xunta de Galicia adxudicase eses traballos a Augas de Galicia, recibimos unha comunicación deste organismo que nos aclara que o mantemento corresponde ao Concello. Solicitamos a autorización da Xunta para a intervención en Carme de Abaixo, e outras zonas, entre ellas Galeras. Neste momento estamos á espera da resposta da Xunta.

A concelleira de Medio Ambiente, ante o rogo de CA para recuperar a apertura ao público dos xardíns do Pazo de Amarente, sinalou que faltarán coa Xunta para recuperar ese espazo.

PREGUNTAS/ RESPOSTA ORAL

138. Á pregunta oral do BNG sobre un plan de emerxencia e adecuar as instalacións do Pazo de Raxoi e demais oficinas municipais para prevención de riscos, respondeu a concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal. Sinalou que o Concello ten, dende o 2009, un Plan de Emerxencias para as instalacións do Pazo de Raxoi. Este documento contén os citados procedementos e protocolos, pautas e instrucións en caso de incidente, incendio ou ataque intencionado.

O PP preguntou a razón pola que o Goberno continúa a adiar a adquisición dun vehículo motobomba forestal para a extinción de lumes. Responde o concelleiro Gonzalo Muíños que valorando os datos, desde 2016, as intervencións forestais representan menos do 1 por cento de saídas. Sinala que hai outra prioridades, como a renovación de vehículos lixeiros.

148. Sobre o proxecto da rúa Clara Campoamor, polo que preguntou o PP, o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández aclarou que "este goberno nunca tería asinado o proxecto da intermodal". Pero por RESPONSABILIDADE coa cidade ante a chegada do Ano Santo 2021; por responsabilidade coa Xunta de Galicia; por estar moi avanzadas as obras; e cun goberno en funcións en Madrid, era difícil facer grandes modificacións". Polo tanto, indicou "este novo proxecto non é o que desexariamos. Pero coa modificación que se fixo, "favorecemos a mobilidade e a seguridade. Reubícase o carril bici (de dous sentidos) no marxe dereito da actuación, mais cercano ás Brañas do Sar; de tal maneira que mantendo un carril por sentido e independizando as circulacións de bus, coches e bicicletas, acádase a convivencia entre ciclistas e tráfico motorizado e a súa separación dos peóns".

149. A pregunta do PP sobre a participación da empresa que xestiona as multas de tráfico na decisión de instalar un novo radar no túnel de Conxo respondeu o concelleiro Gonzalo Muíños. Aclarou que non foi a empresa, a decisión dixo, tomouna o Goberno en base a un informe da policía local. Os novos equipos multiradares C, instalados en puntos sensibles onde segundo as medicións da policía local, moitos vehículos exceden a velocidade; presentan, segundo a policía local, mellores prestacións que os anteriores.

150. A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, foi rotunda. O concello nunca emprego o uso de glisofato nos parques e xardíns de Santiago, tal e como preguntaba Compostela Aberta. Sobre a segunda cuestión formulada sobre o tratamento de Herbas, Mila Castro aclarou que "en ningún momento estamos pensando en algo distinto a equipos manuais e mecánicos".

152. A concelleira de Economía e Facenda respondeu de xeito taxante á Compostela Aberta. : "a razón pola que noso orzamentos de 2019 non estena dotas algunhas das actuacións seleccionadas nos procesos de orzamentos participativos é de sobre coñecida por vostede: de onde non hai non se pode sacar". Explica que os gastos deste exercicio son compromisos adquiridos no marco de contratos e convenios subscritos pro CA, asi como pagamento de facturas e gastos de exercicios anteriores, e execución de mandatos xudiciais contra a facenda pública local resultado de "experimentos no ámbito da xestión pública de dubidoso resultado. Sobre os orzamentos de 2020 marcou como prioritario para o seu goberno:
Regularizar a situación contractual do concello mediante a licitación de todos os servizos básicos que se estaban a prestar sen contrato e que finalizan en 2020.
Realizar investimentos urxents para acondicionar a cidade ante o reto do Ano Santo, onde segundo as previsións, van vir máis de 4 millóns de turistas.
dar cumprimento aos compromisos adquiridos no marco dos diferentes proxectos europeos nos que participa o oncello de Santiago, en especial o SMARTIAGO, conveniado en decembro de 2017.
Este é o escenario que debuxou, pero engadiu que "a vontade deste goberno é achegar posturas con cada unha das forzas políticas" para a aprobacióndo orzamento.

153. A pregunta de CA sobre o Centro Municipal de Atención Integral ás persoas sen fogar, respondeu a Mila Castro. A concelleira de Políticas Sociais sinalou que este proxecto non lle parece o máis adecuado para a cidade. "Pretendemos deseñar un sistema mellor estruturado e non un illamento de circunstancias como o que representa CA. Existen recursos suficientes na cidade, máis normalizadores, que dan resposta ás persoas en situación de senfogarismo".

INTERPELACIÓNS

O concelleiro de Centros Socioculturais respondeu a CA sobre o cese dos responsables municipais da supervisión do contrato para a xestión de centros cívicos. Aclarou que o 26 de outubro de 2018, a Xunta de Goberno local aprobou a constitución dunha comisión técnica para a supervisión do contrato de Ferrovial. Esta empresa tiña que prestar o servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de Centros do Concello de Santiago. Pero os servizos descritos no contrato xa comezara a funcionar catro meses antes, en xuño. Iso tivo como consecuencia que en seis meses, o goberno de Compostela Aberta gastara as horas e os cartos do contrato para prácticamente todo o ano. E cando se deron conta, crearon a comisión para fiscalizar. Con anteriores gobernos xa se estaba levando un control semanal de horas. Había un control diario e unha xuntanza semanal para fiscalizar o contrato. Eses catro meses desde que comezaron a operar ata a data de sinatura do contrato non houbo ningún tipo de control seguindo ordes de Martiño Noriega e Concha Fernández.
Cinco meses despois de empezar o servizo e nove meses despois de asinar o contrato, danse conta das presuntas irregularidades, cando esas irregularidades xa se ven desde o primeiro día.

Neste contexto, tómase a decisión na Xunta de Goberno Local de cesar a encomenda de servizo desas tres persoas, recoñecéndolle os servizos prestados. Neste momento, siguen traballando no departamento de Centros Socioculturais, no mesmo posto e coas mesmas atribucións que tiñan antes da encomenda de servizo.

Polo tanto aclarar que non se cesa a ninguén. Seguen no mesmo posto que tiñan antes da encomenda de servizo. Simplemente hai unha reorganización dos Recursos Humanos do Departamento.
MOCIÓNS

No apartado de mocións, o Secretario do Pleno unha declaración institucional sobre o ano de Carvalho Calero. Entre os acordos:
-deseño dun programa completo sobre a figura e sobre as facetas da súa obra literaria e lingüística, así como a vinculación coa nosa cidade, para difundilo durante todo o ano nos centros educativos, os CSC.
-integrar neste deseño do programa e difusión ao tecido asociaciativo, e aos veciños.
-impulsar esa homenaxe conxunta coas cidades nas que residiu Ricardo Carvalho Calero, que son Ferrol e Lugo
-iniciar o expediente para nomeal fillo predilecto de Santiago de Compostela
-instar ao Parlamento de Galicia a por en valor o seu legado.

Á segunda moción, presentada por CA, sobre a instalación dun centro asesor e dinamizador da sustentabilidade no palacete da Finca do Espino. O concelleiro Sindo Guinarte xustificou o voto en contra do Grupo Socialista, sinalando que se aprobou en Xunta de goberno a execución do proxecto de rehabilitación do palecete, segundo o proxecto que xa existía. "Prevé a posiblidade de adicalo a distintos usos e servizos administrativos, pero non queremos condicionar os usos futuros posibles". A moción foi rexeitada. PP e BNG abstivéronse e CA votou a favor.

O Grupo Socialista tamén se posicionou en contra da moción de CA sobre a implantación da taxa turística, despois de que rexeitaran as enmendas presentadas polo PSOE. Sindo Guinarte argumentou que non hai oposición a esas taxas ou a outros tipos de gravámenes. Creemos, di, que é preciso unha valoración sería, un informe. "Ese será o momento de pedir á Xunta que establezca unha norma habilitadora para cobrar ese imposto".

A seguinte moción que se debateu estaba relacionada coa emerxencia climática e a mobilización do 27 de setembro. Mila Castro deixou claro que o Goberno está dacordo en que existe unha emerxencia medioambiental e que hai que apoiar as movilizacións do 27 de setembro; pero posicionouse en contra porque "percibo un condicionante das políticas muncipais coa creación da planta de compostaxe, cando hai outras alternativas".


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org