Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

10N

Encontro con Ángel Gabilondo

02/11/2019

O ex ministro de Educación e actual portavoz socialista na Asemblea de Madrid, Ángel Gabilondo, visitou hoxe Santiago. Estivo na Cidade Histórica, na Praza de Abastos, onde o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo lle deu a benvida, e expresou a súa satisfacción "de que estea aquí e que o poidamos ver máis veces, aínda que non sexa en campaña electoral". Ao acto electoral tamén asistiu o secretario xeral do PSdeG_PSOE, Gonzalo Caballero.
En declaracións aos medios, Ángel Gabilondo sinalou que "un país de progreso" non se conseguirá votando a calquera dos "partidos de dereitas", xa que en todo caso "estarán condicionados por Vox", afastados de "a defensa dos dereitos e as liberdades" que ofrece o PSOE. Explicou que a súa experiencia lle di que "se o Partido Popular, Cidadáns e Vox poden sumar, sumarán", como xa ocorreu en comunidades como Madrid, Murcia ou Andalucía.

Ángel Gabilondo cre que "envolvelo todo na bandeira de España" non é o que os socialistas entenden por "defensa dos dereitos e liberdades". Porque, engadiu, detrás dos símbolos que o PSOE "quere" debe haber un "modelo económico, de progreso, xustiza social e futuro" para o país e para Galicia. O ex ministro está convencido de que o traballo "por un país solidario, unido polas ideas, a loita polos dereitos e as conviccións" é "o que necesita" España, e non "un calendario e acción" marcada polo partido de Santiago Abascal.

O portavoz socialista na Asemblea de Madrid tamén se referiu ás "peculiaridades" de Galicia, e trasladoulle unha mensaxe á cidadanía para facerlles saber que "non están sós" e que aglutinar o voto no PSOE trará "progreso tanto para España como para Galicia".

Pola súa banda, Gonzalo Caballero sinalou que nas próximas eleccións escóllese entre dous modelos "a casa común para todo o progresismo" que representa o PSOE, fronte "á coalición de dereitas coa extrema dereita", referíndose a PP, Ciudadanos e Vox, da que dixo, que se suman "Casado sería presidente, pero Abascal gobernaría España". Gonzalo Caballero pediu a cidadanía que vaia votar. "unha mobilización masiva", sinalou, para seguir cun presidente, en referencia a Pedro Sánchez, comprometido con Galicia que asegure "o AVE, ás fragatas de Ferrol, a industria galega e o apoio ás empresas de consumo electrointensivo". ,

Ao encontro con Ángel Gabilondo tamén asistiron a candidata Pilar Cancela, o parlamentario Xaquín Fernández Leiceaga, e os concelleiros Mercedes Rosón, Mila Castro, Gonzalo Muíños, e Javier Fernández.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org