Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

PLENO

O pleno aproba por unanimidade outorgar ao Colexio de Avogados de Santiago a medalla de ouro da cidade

27/11/2019

O pleno ordinario do concello de Santiago comezou cun minuto de silencio en memoria das últimas vítimas de crimes machistas e para deixar patente o seu rexeitamento á violencia de género. Comezou coa aprobación, por unanimidade moción conxunta de todos os grupos para outorgar ao Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela a medalla de ouro da cidade. Tamén se deu luz verde, cos votos a favor de toda a corporación, a proposta de Alcaldía, á tramitación de irmandamento con Braga.

Outro punto que saiu adiante foi a ampliación dos usos dotacionais permitidos polo vixente Plan Parcial do SUNP-14 (Tras Paxonal) para poder construír nese espazo a residencia de Maiores proxectada pola Xunta de Galicia e a Fundación Amancio Ortega. Votaron a favor os grupos Socialista, PP e BNG. Composteta Aberta abstívose.

Ademais aprobáronse dous expedientes de suplemento de crédito por importe de 5.055.032 euros, e por 1.379.570 euros con destino a amortización de débeda bancaria municipal. O Grupo Socialista votou a favor e o resto da corporación abstívose.

Tamén se deu luz verde, coa votos a favor de PSOE, BNG e Compostela Aberta, á proposta do BNG para que o Concello xestione coa Xunta a colaboración necesaria para implantar un Conservatorio Profesional de Danza en Santiago. A concelleira de Educación, Noa Díaz, xustificou o voto socialista na alta demanda desta disciplina artística, na necesidade de profesionalizada, e en que "un terceiro conservatorio en Galicia non representa un problema". O PP abstívose.

Onde sí houbo unanimidade foi na proposición do grupo municipal do BNG para instar ao novo Goberno do Estado a cumprir os acordos comprometidos con Santiago en materia de infraestruturas, ademais daqueles necesarios para o desenvolvemento socioeconómico e ambiental. E na proposición do PP para a creación dunha Comisión Municipal para determinar os incentivos fiscais para o comercio minorista.

Outra proposición, a do PP, para optimizar a conexión da Cidade da Cultura coa AP-9 e as melloras das vías de acceso desde Sar e as Fontiñas foi aprobada por unanimidade. Tanto oprimeiro punto de mellora da sinalización, como o segundo que despois de ser modificado quedou da seguinte forma: proceder á redacción dun proxecto para a mellora da mobilidade e a accesibilidade a través das rúas Diego Bernal e Contra do Sar e a dúas posterior execución, e a mellora de todo o ámbito comprendido entre os barrios de Sar e As Fontiñas.

MOCIÓNS

O Grupo Socialista apoiou a moción do BNG para impulsar políticas que aseguren o dereito a un traballo digno e favorezan o retorno das persoas emigradas, igual que CA. O PP abstívose. Pero posicionouse en contra da moción de CA para fomentar o retorno do talento da nova diáspora galega. O concelleiro de Relación a Institucionais, Sindo Guinarte, argumentou o posicionamiento socialista na discriminación positiva da diáspora respecto aos residentes no concello.

Tamén saiu adiante, coa abstención do PSOE e os votos a favor dos demás grupos, a propostas de CA, cunha batería de medidas para a recuperación ambiental do Sar. A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, foi contundente ao recordar que o anterior goberno de Compostela Aberta tardou tres anos en modificar a ubicación da nova EDAR do Souto á Silvouta, o que retrasou o proxecto, cando desde o PSOE, e desde as asociacións veciñais e ecologistas sempre apostaron pola Silvouta.

Si houbo unanimidade na moción presentada polo BNG para instar á Deputación da Coruña para solucionar os problemas detectados na senda peonil de Figueiras para que as obras se inicien en 2020.

A seguinte moción de CA sobre a nova licitación e o novo mapa de rutas do transporte urbano de Santiago foi rexeitada. O Grupo Socialista votou en contra, o PP abstívose e o resto dos grupos posicionáronse a favor. O concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, e o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, explicaron o posicionamiento socialista. Estades traballando no novo contrato de transportes, hai en estudo un plan de movilidade e están previstos contactos coa Xunta para completar o novo Plan de Transporte.

Si se aprobou a moción do BNG na que se insta á Xunta á construcción e posta en funcionamento dun centro de día público nunha parcela municipal, en Fontiñas, que xa foi cedida á administración autonómica e desbotada, con posterioridade, por mor do acordó para facer a residencia de maiores no Castiñeiriño. Todos os grupos votaron a favor, menos o PP que se abstivo.

A que si saiu adiante por unanimidade foi a moción do BNG para activar, no primeiro cuatrimestre do vindeiro ano, os consellos de Participación Cidadá, empezando polos de Educación e de Servizos Sociais, para implicar á veciñanza e colectivos nas decisión de relevancia para Santiago de Compostela.

Tamén se aprobaron por unanimidade as tres últimas mocións: a 376, prEsentada polo PP para a instalación de desfibriladores externos semiautomáticos nas instalacións municipais; a 277 presentada polo PP para a edición dun libro sobre a vinculación de Ricardo Carvalho Calero coa cidade de Santiago; e a 280, presentada por CA para a celebración do bicenenario do nacemento de Concepción Arenal.

INTERVENCIONS VECIÑAIS

Ao principio do pleno interviron José Martín Rozas, en representación das asociacións de veciños do Viso, Dar, a agrupación folclórica Colexiata do Sar e Espazo veciñal do Sar defendendo un novo mapa de rutas de transporte. Despois, Antón Bouzas defendeu unha batería de medidas para a recuperación ambiental do Sar.

No seu turno, Anxo Louzao, de Vía Galega, defendeu unha moción do BNG sobre o impulso de políticas que aseguren o dereito a un traballo digno e favorezan o retorno das persoas emigradas.

José M. Quintáns, da asociación veciñal Nova Xeira de Figueiras, defendendo a modificación do proxecto da senda peonil entre Santiago e Figueiras.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org