Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo responde a CA, que o concello de Santiago sempre priorizou a colaboración institucional fronte á confrontación

02/12/2019

Xosé Sánchez Bugallo afirma que o concello compostelá sempre priorizou a colaboración institucional fronte á confrontación e que "a nós o que nos preocupa é defender os intereses dos veciños e veciñas, e non outros intereses partidistas". Era a resposta do alcalde de Santiago ás acusacións do portavoz de Compostela Aberta de submisión do goberno local á Xunta.
En concreto, Martiño Noriega utilizou esta cualificación ao referirse ás declaracións da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, nas que aseguraba que as relacións co novo goberno de Sanchez Bugallo son máis cordiais e que co anterior, e que o proxecto da intermodal vai en tempo e forma. En resposta, o actual rexedor lembraba que "a confrontación nunca tivo rédito algún para Santiago". E engadiu: "o papel do alcalde é buscar colaboración", sobre todo cun partido, lembrou, que ten malloría absoluta no Parlamento de Galicia. "Se non traballamos conxuntamente, o Ano Santo do 2021 será un fracaso", engadiu. Subliñou que "todo o que hai en Santiago é grazas á colaboración institucional, da confrotación non saíu nada", e que o seu "obxectivo non é desgastar" ao presidente galego. "Non podo usar a cidade para conseguir ese obxectivo", concluiu.

ORZAMENTOS

Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, Sánchez Bugallo tamén respondeu a unha pregunta dos xornalistas sobre orzamentos. O obxectivo, dixo, "e ter os orzamentos en Nadal". Aprobalos, engadiu, "dependerá da negociación cos demáis grupos políticos". Uns contactos, aclarou, que aínda non se produciron, en parte, porque queda pendente pechar o capítulo de gastos.

O alcalde explicou os tres escenarios posibles: un acordo con algún grupo político para que saian adiante, un acordo con algún dos grupos maioritarios parta que se absteña; ou plantexar, en último termo, unha cuestión de confianza.

O rexedor tamén respondeu ás acusacións de Martiño Noriega sobre que o actual goberno está "vivindo das rendas de Compostela Aberta". Sánchez Bugallo foi contundente na súa resposta: "é difícil chamarlle rendas a iso. Máis ben estamos adicados a pagar as rendas como acabamos de acordar hai ben pouco. Máis ben é exactamente ao revés".

INTERMODAL

O alcalde de Santiago explicou que o concello seleccionará antes de que conclúa o mes de decembro o proxecto para a remodelación da rúa Clara Campoamor, que definirá os accesos á estación intermodal. O goberno local prevé que os traballos se inicien a comezos de xaneiro. Xa se nomeou, explicou o rexedor "ao comité de expertos que avaliará as once propostas finalistas para o proxecto de reurbanización do viario que une o barrio de Sar con Pontepedriña.

Sánchez Bugallo indicou que os traballos de construción da estación de autobuses "van adiantadas aos prazos previstos" , e os da pasarela que conectará as terminais e a rúa do Hórreo "van en prazo". Por iso confía en que se cumpra o obxectivo" de concluír as obras no mes de agosto de 2020. Pero, engadiu, para pór en marcha a estación intermodal, cómpre concluír as tres obras: a pasarela, a terminal de autobuses e os accesos: "son tres contratos e tres obras, e hai que terminar cada unha", engadiu.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org