Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ALCALDÍA

O alcalde adianta que o Concello iniciará un novo procedemento de contratación do servizo da Escola Municipal de Música

09/12/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo adiantou hoxe en rolda de prensa, sobre a xestión da Escola Municipal de Música, que o Concello desistirá do actual procedemento de contratación iniciado no ano 2017 por Compostela Aberta e que continuará co procedemento xudicial para declarar a súa lesividade.

Aclara que a única empresa que optou ao concurso terá un prazo de 10 días para formular as alegacións que considere oportunas. Unha vez resoltas esas alegacións, sinala, "o noso criterio e intención é iniciar un novo procedemento de licitación e contratación do servizo".

Sánchez Bugallo explicou que este servizo estase prestando "con contrato vencido", por parte da empresa que tiña o contrato anterior, "leva así practicamente dous anos, pagando por procedemento extraxudicial de facturas o importe mensual". Engade o rexedor que ao concurso, convocado en 2017, non se presentou esta empresa, porque explica, "aparentemente a previsión de custe económico non cubría os gastos". Presentouse outra que, sinalou, "non garantía a continuación do persoal que prestaba servizo na Escola Municipal de Música".

A continuación, continou o alcalde, o concello, baixo o mandato de Compostela Aberta, presentou un recurso contra si mesmo "reclamando a lesividade do acordo municipal", unha actuación que cualifica de paradóxico.

Sinala o alcalde que a situación do persoal da Escola de Música non pode continuar, porque "é unha situación de precariedade" polo que non novo prego de condicións, adianta, revisarase o estudo económico para que sexa viable, xa que no actual "non hai un equilibrio coas condicións que se esixen". Sobre o persoal, entende que se debería incluír a cláusula de subrogación, pero que iso depende do que estableza o convenio colectivo. O que sí se fará, aclara, "é un prego de condicións de acordo coa lei". Neste momento, na Escola Municipal de Música traballan 19 docentes, un administrativo, e unha persoa en conserxería.

ORZAMENTOS

En relación ás negociacións cos demais grupos políticos sobre o orzamento do ano 2020, Sánchez Bugallo sinalou que "en canto teñamos as cifras pechadas, nas que está traballando intensamente a concelleira de Economía, iniciaremos as conversas".


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org