Grupo municipal dos socialistas de Santiago

Noticias

ALCALDÍA

O alcalde cualifica de irreais os argumentos de PP e CA sobre a demora na negociación dos orzamentos

12/12/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cualificou hoxe de irreal os argumentos de PP e Compostela Aberta sobre o atraso nas negociacións dos orzamentos, nos que o achacan a discrepancias internas. "Cada un consólase como pode", argumenta. "Trátase dun tema irreal que carece do mínimo sentido", engadiu. E explicou: "a concelleira está intentando pechar as cifras. De momento nin xiquera puidemos sentarnos, o grupo, a discutir o montante total".

En declaracións á Radio Galicia-Cadena Ser, Sánchez Bugallo explicou que "cada concelleiro presentou a súa proposta. A concelleira loxicamente non vai poder casar todas as propostas. Pero isto non sucede este ano. Isto sucedeu toda a vida e todos os anos. E por suposto, dentro do grupo, fixaremos a orde de prioridades. E pódolle asegurar", concluiu, que é " total, absoluta e completamente irreal esa argumentación.

VIVENDA BALEIRA

O alcalde tamén se referiu ás declaracións da conselleira de Vivenda, Ángeles Vázquez, nas que aseguraba que a responsabilidade da falta de aluguer era dos concellos que dicían que tiñan que mobilizar a bolsa de pisos baleiros, adheríndose ao Plan de vivenda baleira. Respondeu o rexedor que cando queira "asinamos o convenio". E engadiu " con todo ela debe ser consciente que o problema de vivenda baleira da Xunta esta tendo un éxito enormemente limitado no conxunto de Galicia. E en Santiago en particular. Pero desde logo que non sexa por culpa do concello". A continuación aclarou que a porcentaxe de vivendas baleiras en Santiago é "significativamente inferior ao da media de Galicia".

Volver

PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org