Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ALCALDÍA

O alcalde recorda que a constitución das comisións de participación está prevista, por acordo plenario, no primeiro cuadrimestre do ano.

03/02/2020

O alcalde de Santiago asegura que "iso de ser oposición e goberno ao mesmo tempo, plantexa algunhas contradicións. Xosé Sánchez Bugallo respondía así ao BNG, que cuestionaba ao actual executivo local aludindo a que non están claras as convocatorias das comisións de particiación. Segundo o alcalde, "é moi importante na vida, saber ao que se está. No caso do Bloque, puido ser goberno, preferiu a oposición, pero quere gobernar". Unhas declaracións que realizou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local, na que estivo acompañado da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.
O rexedor explicou que o goberno local exerce as súas competencias, e o pleno as del,"o que parece extraño é que a oposición queira facer de goberno".Sánchez Bugallo sinalou que en cada pleno se debate a creación dunhas tres comisións. "A este ritmo remataremos o mandato con 144 comisións. O que é improbable é que sexan operativas". Polo tanto, para o rexedor, "imos comedirnos un pouco e crear aquelas comisións que sexan necesarias e útiles, non aquelas nas que a necesidade non está acreditada e a utilidade tampouco, e que ao final supoñen a creación dunha burocracia que non semella razonable".

Argumenta o alcalde, que de momento, na creacion das comisións "estase cumprindo o ritmo previsto" O obxectivo, dixo, é polas en marcha no primeiro cuatrimestre do ano, "porque ese é o acordo plenario e ímolo cumprir".

ORZAMENTOS

O alcalde tamén insistiu en que a intención do goberno local é levar os orzamentos ao pleno ordinario do 27 de febreiro "con acordo ou sen acordo". Aclarou que "de momento non hai acordo algún pechado, pero en principio non somos pesimistas. Imos traballar esta semana, e se se pecha ben. Intentaremos agotar todas as posiblidades de acordo".

O rexedor sinalou que con consenso ou si el, a "maquinaria ponse en marcha". As previsións, explicou, son presentalos o 13 de febreiro, levalos á Comisión de Facenda, o 20 de febreiro e a pleno o 27. Despois da presentación, aclara que tamén se pode chegar a consensos, pero "vía emenda". Sánchez Bugallo é "razonablemente optimisita de que se poida pechar un acordo de aprobación, ou un acordo de non oposición".

Neste momento recordou que as conversas "van máis avanzadas con Compostela Aberta", aínda que non hai nada pechado. Aínda así, non exclúe incorporar propostas do BNG ou do PP. Espera que "haxa ese acordo, porque non temos moita máis marxe de tempo porque nos parecería irresponsable deixar os orzamentos para máis aló do més de febreiro". Segundo o alcalde, "o noso plan é levalos o 27 ao pleno ordinario".

COMEDORES

Sobre o servizo de comedores, confirma que a cociña cumpre coas distancias esixidas: "eu que vou todos os días andando ata Roxos; desde a miña casa ata a casa da miña nai, calculo que hai 5,2 quilómetros. Como o colexio Juniors está trescentos metros máis abaixo, debe haber 5,5 quilómetros. Según as bases do concurso, tiña que estar nun radio non superior a 25 quilómetros.

Polo tanto, engade, cumpre coa distancia. Sinala Sánchez Bugallo: "entendo que D. María Antón, sabe perfectamente que é a cociña do Colexio Juniors de Roxos. Ata máis ver, está no termo municipal de Santiago e está claro que non hai máis de 25 quilómetros, polo tanto cumpre ese obxectivo.

En relación ao resto dos temas relacionados co comedor, sinalou que "de momento, quen garante a legalidade dos acordos, a súa dotación orzamentaria son os servizos xurídicos e económicos do Concello. Nós, con todo o respecto a D. María Antón, a súa é unha opinión meramente política interesada. Non é unha opinión nin técnica, nin administrativa, nin xurídica, nin económica. E desde o punto de vista da distancia, polo que se ve non moi atinada, tampouco. Polo tanto ese é o dato que nos temos".

Sinala o rexedor que "o que acontece, é que aquí se empezou cunha cousa e se acabou con outra distinta". Recorda que a primeira interpelación do PP referíase ao incumprimento do prazo de adxudicación dos comedores, "e de feito o titular era El PP protesta por el retraso en la adjudicación de los comedores. Pero como os comedores se adxudicaron, cambia, dalle a volta, e di No está claro que los comedores cumplan toda la normativa ni xiquiera nun tema tan concreto como que os comedores estean a menos de 25 quilómetros da cidade. Pois é evidente que están a menos de 25 quilómetros". O alcalde cre que o grupo popular tivo unha confusión coa sede social da empresa "que podía estar en Irlanda. A obriga nosa é que a cociña estea en Santiago. A sede social, dacordo coa normativa, podería estar situada en calquera país da UE".

Para o alcalde, o importante é que o servizo está contratado e que non se chegou a interromper a prestación do servizo en momento algún. "Os comedores escolares funcionaron durante estes meses, o contrato asinouse aínda agora e terá validez ata febreiro do 2021 e isto inclúe o que resta de curso e o primeiro trimestre do curso que ven. A partir de aí haberá que tomar unha decisión: convocar un novo concurso ou este contrato é prorrogable por un ano máis… Polo tanto temos cuberto perfectamente o servizo ata que non se adxudique o novo concurso. Penso que non hai risco algún de que o servizo se vexa interrumpido"

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org