Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ORZAMENTOS

Sindo Guinarte asegura que "avanzan" as negociacións para a aprobación dos orzamentos

07/02/2020

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, reiterou hoxe que o goberno local traballa co obxectivo de aprobar os orzamentos municipais no mes de febreiro. Confirmou que "estamos avanzando nas conversas con Compostela Aberta", e as negociacións van, dixo, "por bo camiño".
O tamén concelleiro de Presidencia valorou a aprobación esta semana dos orzamentos de Incolsa "sen ningún voto en contra", coa maioría absoluta que requiren os estatutos da sociedade; e aclarou que aínda faltan por aprobar as contas do Auditorio de Galicia e do Refuxio de Animais. A intención, segundo Sindo Guinarte, é chegar a un acordo co grupo municipal de Compostela Aberta sobre un documento de traballo que recolle propostas concretas, para ver "cales delas poden ser incorporadas ao proxecto de orzamentos sen alterar a súa esencia".

Constantan, engade, "que hai moitas coincidencias de partida, moitos elementos en política social, en investimentos... que xa están no noso proxecto de orzamentos e que aparecen como propostas de integración por parte de Compostela Aberta, e iso fai máis doado avanzar nesa negociación". Isto non impiode matizou, a incorporación de achegas, por parte do resto de grupos que integran a corporación municipal "se consideramos que son boas para a cidade" e se teñen, continuou, encaixe no proxecto orzamentario.

TURISMO

Sindo Guinarte realizou estas declaracións, nunha rolda de prensa na que tamén estivo a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, na que fixeron balance dos resultados acadados o ano pasado. O concelleiro destacou que en 2019, rexistráronse "máximos históricos" tanto en pernoctaciones como no número de peregrinos chegados a través do Camiño de Santiago, e dos viaxeiros e pasaxeiros do Aeroporto de Lavacolla.

Por exemplo, Compostela acadou, o ano pasado, a maior cifra de pernoctacións anuais na súa historia, con 1.466.282, un fenómeno que se deu en paralelo ao auxe de vivendas turísticas, que non están contabilizadas nos datos do INE, o Instituto Nacional de Estatística, que serven de base para o balance utilizado polo Goberno local. Por iso, Sindo Guinarte insistiu en que as pernoctacións foron, en realidade aínda "máis elevadas do que reflicten as estatísticas", superando mesmo ás que se conseguiron no Ano Santo de 2010.

O concelleiro de Turismo atribúe estes resultados á desestacionalización da demanda, xa que os meses con maior incremento foron abril, outubro, decembro e maio, e febreiro, cun aumento do 19, 17, 15 e 11 por cento, respectivamente, respecto ao pasado ano. En contraposición, xuño mantivo as súas cifras e agosto experimentou unha lixeira baixada (2%).

En canto a Lavacolla, consolidouse como "o principal aeroporto de Galicia", con máis do 55 por cento da cota de mercado e superando en dous puntos ao 2018. As cifras ascenderon a uns 2.903.427 pasaxeiros, superando en 175.000 ao exercicio anterior, e medrando un 6,5 por cento.

O camiño de Santiago tamén se situou en máximos históricos con case 350.000 peregrinos e un aumento do 6 por cento. Por primeira vez, ademais, superáronse os 200.000 peregrinos internacionais.

Segundo as cifras expostas, a maioría dos visitantes que chegaron a Santiago procedían de Italia, Alemaña, Estados Unidos, Francia, Reino Unido ou Corea.

Agora, segundo explicou Sindo Guinarte o obxectivo é consolidar estas cifras. As perspectivas de cada a 2020 son "positivas", polo que confía en acadar "novos máximos históricos", aínda que,engade, sempre pensando e traballando cara a esa "consolidación" dunhas bases sólidas para os anos posteriores ao Ano Santo e evitar que se repita unha "crise turística" como a que experimentou a cidade tras o Xacobeo 2010, que se estendeu ata o 2014, e que siñificou unha perda do 25 por cento de pernoctacións.

Para iso, segundo Flavia Ramil, será necesario potenciar os elementos estratéxicos que converten a Santiago nun destino "atractivo" e diferenciado. Entre eles, o carácter da cidade como Patrimonio da Humanidade, a espiritualidade asociado ao camiño, a gastronomía ou a universidade.

Santiago estará presente tanto en feiras promocionais europeas como en Corea, co fin de atender os mercados asiáticos, e incrementar así, as visitas procedentes destas rexións, e avanzar na desestacionalización turística

En todos estes obxectivos, engadiu Sindo Guinarte, é "moi importante" a recuperación da ruta a Roma con Ryanair a partir de xuño, con dúas frecuencias semanais; a de Frankfurt a mediados de maio, e a creación dunha nova a Zaragoza.

E a partir de xuño sumarase a chegada de TAP Air Portugal cunha dobre ruta diaria a Lisboa, que mellorará a conectividad con América, e potenciarase a oferta de prazas en Vueling Iberia e Air Nostrum para a próxima tempada de verán.

O concelleiro de Turismo amosouse tranquilo coa chegada do AVE a Galicia. Argumenta que os pasaxeiros continuarán utilizando a frecuencia a Madrid a través do avión, sobre todo como escala para outras viaxes internacionais. "Non nos preocupa en absoluto", engadiu.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org