Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

POLITICAS SOCIAIS E SAÚDE

O Grupo Socialista asiste á manifestación en defensa dunha sanidade pública e de calidade

09/10/2020

O Grupo de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, encabezado polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu á manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública en defensa dunha sanidade pública e de calidade e en contra dos recortes e da suposta privatización encuberta que está levando a cabo o goberno da Xunta de Galicia.
A concentración, á que asistiron unhas 10.000 persoas, segundo a organización, comezou na Alameda e percorreu distintas rúas de Santiago para rematar na praza da Quintana. Nela había representación da práctiva totalidade dos sindicatos, dos principais grupos políticos, a excepción do PP, e de veciños das distintas áreas sanitarias afectadas polos "recortes".

A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, sinalou que "tiñamos que estar, por xustiza, nesa manifestación. Somos conscientes de que temos un deterioro na sanidade pública galega. Por isto, este goberno local, tivo que saír á rúa para amosar o seu rexeitamento ás políticas da Xunta". Mila Castro explicou que "non son só os hospitais, tamén os servizos de atención primaria están a sofrer un deterioro".

Engade a concelleira que eses servizos de atención primaria, tan castigados, "son a porta de entrada que teñen os pacientes" cara a sanidade. Sinalou que "Se esa porta falla, todo o que ven despois tamén". Mila Castro concluiu sinalando que o goberno local está en comunicación permanente co grupo parlamentario do PSdeG ao que lle trasladamos "as nosas inquedanzas" en materia de sanidade "que coinciden cas dos outros concellos da comarca".

Ademais de Sánchez Bugallo e de Mila Castro, apoiaron a manifestación os concelleiros Mercedes Rosón, Sindo Guinarte, Gonzalo Muíños, Marta Abal, José Manuel Pichel, Noa Díaz, Javier Fernández e Esther Pedrosa. Na concentración deuse cita unha nutrida representación do PSdeG, encabezada polo seu secretario xeral, Gonzalo Caballero.


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org