Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ELECCIÓNS

A convocatoria de eleccións o 5 de abril permitirá, segundo Sánchez Bugallo, que a incertidume política se resolva antes

11/02/2020

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, referiuse hoxe á convocatoria de eleccións autonómicas o vindeiro 5 de abril, "na que os galegos terán que pronuniarse" e que permitirán, engadiu, "que a incertidume se resolva bastante antes".
A preguntas dos xornalistas, Sánchez Bugallo, afirmou que non está nunha postura complicada. "Como alcalde de Santiago, débome á cidadanía. E as relacións institucionais están por enriba de coxunturas políticas". Engadiu que como rexedor, ten que procurar impulsar todo aquelo que é bó, positivo e necesario para os veciños e veciñas de Compostela. Pero aclarou que, como militante socialista, "evidentemente teño as miñas preferencias".

Sánchez Bugallo realizou estas declaracións a preguntas dos xornalistas, despois da reunión mantida cunha delegación da Plataforma polo Emprego, encabezada polo seu presidente, Miguel Fernández.

O encontro serviu para reafirmar o compromiso municipal de colaboración coa Plataforma, coa que xa se colabora a través de convenios relacionados con colectivos de difícil inserción laboral e coa inmigración. A entidade tamén seguirá traballando cos diferentes departamentos municipais en cuestións como as reservas para as empresas de inserción laboral.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org