Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ELECCIÓNS

Sánchez Bugallo: "eu vou votar ao PSOE e vou estar aí, como cidadán, como militante e como persoa"

13/02/2020

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, amosou hoxe o seu apoio a Gonzalo Caballero como candidato á presidencia da Xunta. "Non hai dúbida algunha. Eu vou votar ao PSOE e vou estar aí, como cidadán, como militante e como persoa". O rexedor realizou estas declaracións durante a inauguración, na Casa do Cabido, da exposición "Des-facendo o xénero (a través da arte"), á que tamén asistiron os concelleiros Mercedes Rosón, Sindo Guinarte e Noa Díaz.
O alcalde de Santiago tamén respondeu as críticas do PP, sobre a instalación do radar no Restollal. Sinalou que unha cousa é que o abonase a empresa que xestiona as multas, e outra cuestión distinta é a ubicación. Sánchez Bugallo amosouse contundente: "a empresa non fixo suxestión algunha de emplazamento. O emplazamento está decidido en base aos informes do Departamento de Tráfico e en base ás medidicións que se fixeron". .

O rexedor sinalou que durante as probas, se contabilizaron 11.000 vehículos, dos que ningún respectou os límites de volecidade. "Lóxicamente esa é unha zona urbana, onde hai un límite de 50 quilómetros por hora", aclarou, e "non podemos esperar a que haxa un accidente e logo tomar as medidas. Se xa temos detectado o problema, tomamos as medidas antes".

Engade Sánchez Bugallo que "os vehículos entran en zona urbano, e teñen que reducir a velocidade". Por iso se escolleu o emplazamento do Restollal e o de Conxo. "É necesario que reduzan a velocidade para reducir a siniestralidade".


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org