Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ALCALDÍA

O alcalde de Santiago satisfeito coa aprobación do ingreso mínimo vital por parte do goberno de Pedro Sánchez

29/05/2020

O alcalde de Santiag afirmou, despois da aprobación do ingreso mínimo vital, por parte do Goberno Central, que hoxe é "un día importante para os composteláns, para a sociedade compostelá, e para centos de miles de familias españolas". Para o rexedor, a súa aprobación era "unha necesidade imperiosa". Sánchez Bugallo expresou a súa satisfación e anunciou que a partires da próxima semana "habilitaremos procedementos para axudar ás persoas beneficiarias", con información para unha tramitación rápida desta renda.
Lembrou que desde o Concello de Santiago "estamos facendo un esforzo extraordinario garantíndolles o apio ás familias" que o precisan. Con programas como o ticket especial de compra, a través do que as familias reciben bonos para mercar produtos de primeira necesidade. Onte había, sinalou 1.396 familias acollidas a este programa, que suman 3.473 persoas. Outras 28 familias perciben a renda social municipal. E 248 familias son beneficiarias das becas especiais de comedor escolar. Xuntas suman case 3.800 persoas integradas nos servizos extradordinarios que, subliña o alcalde, se están prestando a causa da crise sanitaria "e que seguiremos prestando mentras sexa necesario".

Para Sánchez Bugallo, a renda mínima vital ven a garantir a estas familias "que nun tempo razonable" poidan percibir unha cantidade mensual que lle permita afrontar "os problemas do día a día, en moitas mellores condicións". Dese o punto de vista municipal, engadiu, "vainos permitir" afloxar o ritmo de gasto de máis de 80.000 euros semanais adicados a estes programas. Recordou o rexedor "que en principio non temos financiamento para mantelo máis aló do mes de xullo", polo que sería preciso buscar outros fondos.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org