Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

MOBILIDADE

Gonzalo Muíños cualifica de oportunismo político a proposición de CA de peonalizar Mazarelos cando xa se anunciou, en novembro, que o goberno municipal estaba estudando o tema

23/09/2020

O concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, cualifica de oportunismo político que Compostela Aberta presente, neste momento, unha proposición no pleno do próximo xoves, instando ao goberno municipal a peonalizar a Praza de Mazarelos. Muíños aclara que, xa en novembro, "anunciamos que estabamos estudando este tema".
Sorpréndenos", afirma Gonzalo Muíños, que CA "nos estea esixindo que saquemos adiante" a peonalización de Mazarelos, cando eles, engade, tiveron catro anos para levala a cabo. O concelleiro de Mobilidade recorda que "levamos un ano no goberno", dos que catro meses foron de parálise por mor da crise sanitaria.

Gonzalo Muíños engade que desde o goberno municipal "estamos abertos a estudar profundamente este tema. Somos conscientes das peticións de distintos veciños, pero tamén queremos ter xuntanzas con todos os axentes sociais e da cidade implicados". Cita en concreto, distribuidores de mercadorías, os praceiros do Mercado de Abastos e tamén á veciñanza. Asegura o concelleiro que "somos máis partidarios de facelo como no Ensanche, en distintas fases, en fins de semana; ou polas tardes, a partires das dúas ou das tres" Algo que continúa, "imos estudar moi seriamente, iso sí, contando co beneplácito de todos os axentes sociais, o cal é fundamental".

Considera o concelleiro, que Compostela Aberta tivo tempo "máis que suficiente" para peonalizar a Praza de Mazarelos. Nós, neste prazo de un ano, imos sacar o PMUS adiante; temos en licitación o Smartiago" ao que se engade a modificación das ordenanzas de circulación para mudar os horarios de distribución e reparto de mercadorías". Todo isto, conclúe, tamén vai incidir moito nese Plan de Mobilidade da Cidade Histórica".


Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org