Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

POLITICAS SOCIAIS E SAÚDE

A concelleira Mila Castro pide responsabilidade con "contratos tan sensibles e importantes para a cidade" como o do Servizo de Axuda no Fogar

22/10/2020

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, pide responsabilidade" con contratos tan sensibles e importantes para a cidade" como o do Servizo de Axuda no Fogar, no que se fixo unha gran aposta, engade, "incrementando o orzamento anual nun millón de euros". "O que me gustaría", afirmou, "é que todos foramos responsables e axudaramos para que este contrato, máis cedo que tarde, entre en funcionamento, porque ao final os perxudicados ou os beneficiados son os nosos veciños e veciñas".
Mila Castro engadiu que se se comenten erros, ela non ten problema en rectificar, pero insiste "apelo á responsabilidade de todos para que podamos avanzar", na posta en funcionamento do contrato do SAF, actualmente en proceso de licitación. Un contrato que engade "ten unha dotación orzamentaria ben significativa" e no que se vai reforzar o número de horas "que van ter os usuarios". Nestes orzamentos de 2020 a partida destinada ao SAF é de tres millóns de euros anuais, fronte aos 1,9 millóns do exercicio anterior.

A concelleira de Políticas Sociais recordou que o tribunal desestimou dous dos tres epígrafes do recurso presentado en contra do contrato do SAF, e so estimou un deles: o de reforzo da partida destinada a material sanitario, "sin que entre a valorar", engadiu Mila Castro, a cantidade que se poida destinar á mesma. Neste momento, indicou, xa está feito ese cambio.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org