Grupo municipal dos socialistas de Santiago


Noticias

ACCION CULTURAL

Mercedes Rosón recorda a CA que a experiencia de axudas directas posta en marcha no Auditorio de Galicia e que piden recuperar non funcionou e "foi un caos"

12/11/2020

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, sinalou que a experiencia de axudas directas que solicitaba o grupo de CA para o sector cultural, posta en marcha no Auditorio de Galicia, non funcionou ben, "por non dicir que foi un caos". Explicou que a daquela interventora, informou "que un organismo subvencionado non podía convocar subvencións". Polo tanto, engadiu, "repetir esa fórmula, neste momento non é posible".
A concelleira tamén lle recordou ao grupo de CA que a convocatoria bianual de axudas á cultura 2018-2019, "acaba de desbloquearse e resolverse agora, porque foi realmente unha convocatoria fallida". Mercedes Rosón afirmou que a responsable de cultural de CA, Branca Novoneyra, "sabe perfectamente que moitos colectivos renunciaron a esas axudas porque eran imposibles de xestionar". Agora, continuou, "dous anos despois, as entidades que sí se mantiveron recibirán" as subvencións "daquela convocatoria".

A responsable de Acción Cultural no concello de Santiago indicou que "estamos traballando para que dos remanentes de 2019, 600.000 euros vaian para o tecido cultural de Compostela, neste caso os profesionais, para todo tipo de cooperativas, persoas físicas e de empresas do sector cultural". E ademais, adiantou, "teremos, nos orzamentos de 2021, a partida especial para as axudas destinadas ao tecido asociativo".

Mercedes Rosón engadiu que "Branca sabe perfectamente as limitacións que temos todos os concellos en materia de cultura. Nós podemos contratar, e é o que imos facer". Contratar, engadiu, para que moitas das produccións culturais do ano que ven se fagan en formato para streaming, "entendendo que isto pode durar tempo, e polo tanto todo está pensado e artellado para seguir apoiando ao noso tecido cultural, que ten un peso moi importante na cidade". "Somos conscientes diso", finalizou, "e creo que desmostramos nestes meses a través dun programa intensísimo en cultura, ese apoio permanente" ao sector.

Volver




PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org