Grupo municipal dos socialistas de Santiago


O noso deputado de Santiago

PREGUNTAS NO PARLAMENTO

O PSdeG quere saber que ocorrerá ao cambiar o proxecto de Carreira do Conde

Os deputados do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia José Antonio Sánchez Bugallo, Raúl Fernández Fernández e Patricia Vilán Lorenzo, presentaron unha pregunta relativa ás obras de Carreira do Conde para a súa resposta oral en Comisión.
O texto da pregunta é o que segue:

Os diarios, La Voz de Galicia e El Correo Gallego, na súa edición de hoxe informan de que nunha reunión mantida polo actual alcalde compostelán, Agustín Hernández, e representantes dos veciños e do comercio do ensanche, comprometeuse a introducir modificacións substanciais no proxecto que se está a executar na rúa da Carreira do Conde, consistentes entre outras cuestións na supresión do proxecto das gradas previstas, así como o mantemento dunha banda de aparcamento.

No seu día, no seo da Comisión de Facenda deste Parlamento advertiuse á Sra. conselleira de Política Territorial de que esta obra non só era innecesaria, por canto esta rúa fora apenas renovada hai 10 anos e contaba con todos os servizos a parte de beirarrúas de granito de, polo menos, 2 metros de anchura e que non existía ningunha solicitude de modificación dela.

Coherentemente co anterior desde o mesmo inicio da obra tanto veciños coma comerciantes manifestaron a súa oposición a ese proxecto que é o que da lugar a esta decisión da alcaldía de descafeinalo completamente.

Como queira que a dita obra é executada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sen que coñezamos que é o que vai facer esta consellería formúlanse as seguintes preguntas:

1ª) Coñece a Consellería o compromiso asumido polo alcalde cos veciños e comerciantes?

2ª) De ser así a Consellería asume estes cambios?

3ª) Ten encargada a Consellería a conseguinte modificación do proxecto?

4ª) Entende a Consellería que este proxecto modificado non debe ser sometido a exposición o público tal e como é preceptivo e que informes técnicos avalan esta posición?

5ª) A licitación e a adxudicación efectuada non se ven afectadas polas modificacións substanciais introducidas no proxecto?

Volver

filiate



PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org