Grupo municipal dos socialistas de Santiago


O noso deputado de Santiago

GRUPO PARLAMENTARIO DO PSdeG-PSOE

O PSdeG denuncia que as obras de reforma de Carreira do Conde eran "innecesarias" e recibiron as críticas de veciños e comerciantes

"O 21 de xaneiro, o alcalde acordou cos veciños unha serie de cambios no proxecto inicial, pero non sabemos se a consellería asume estas modificacións", asegura o deputado socialista Xosé Sánchez Bugallo.

A Xunta recoñece que non se compromete a realizar os cambios no proxecto pactados entre o alcalde e os veciños, como a illa de colectores soterrados.
Os socialistas galegos denunciaron hoxe no Parlamento que as obras de reforma na rúa Carreira do Conde de Santiago "eran innecesarias" e recibiron numerosas críticas por parte de veciños e comerciantes.

O deputado socialista Xosé Sánchez Bugallo explicou que "esta rúa foi renovada hai dez anos e contaba con todos os servizos de fibra óptica e gas natural, ademáis de beirarrúas de granito cun mínimo de dous metros de anchura que acadan os catro metros na súa parte norte, polo que non existía ningunha solicitude de modificación". Asemade, o firme da rúa xa tiña adoquín de granito con lajas de pedra nas zonas de dilatación e marcando as áreas de estacionamento.

Bugallo informou de que o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reuniouse cos veciños o pasado 21 de xaneiro e garantizoulles unha serie de cambios con respecto ao proxecto inicial. Acordou cos afectados polas obras manter unha banda de aparcamentos, suprimir as gradas previstas e instalar unha illa de colectores soterrados.

"A oposición dos veciños e comerciantes a ese proxecto deu lugar a esta decisión da alcaldía de descafeinalo completamente, pero descoñecemos se a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, encargada das obras, asume estas modificacións", sostuvo o socialista.

Na súa resposta, a secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, non foi quen de concretar se asume os cambios pactados entre o alcalde e os veciños o 21 de xaneiro, pero recoñeceu por exemplo que a Xunta non se fará cargo dos custos da illa de colectores soterrados.

Rivas só recoñeceu que serán substituídos os materiais na zona de gradas prevista e manifestou que se o Concello quere instalar colectores soterrados terá que pagalos e non se incluirán no proxecto principal.

"Este era un proxecto innecesario, ou alomenos non prioritario, e non sabemos que pasará cos colectores ou a banda de aparcamentos; hai moitas rúas en Santiago que necesitaban unha actuación máis urxente, por exemplo Castrón Douro, Carme de Abaixo, Santiago de Chile dentro do propio Ensanche ou incluso a propia rúa Juan Carlos I, con beirarrúas máis estreitas e en peores condicións", engadiu Bugallo.

Volver

filiate



PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org