Grupo municipal dos socialistas de Santiago


O noso deputado de Santiago

GRUPO PARLAMENTARIO PSdeG-PSOE

Fernánde Leiceaga denuncia a "absoluta falta de compromiso" da Xunta de Galicia coas necesidades da cidade no proxecto de Orzamentos autonomicos para 2017

O voceiro do grupo parlamentario socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, denunciou esta mañá a "absoluta falta de compromiso da Xunta coas necesidades da cidade". Fernández Leiceaga realizou estas manifestacións na rolda de prensa que deu xunto co voceiro municipal, Paco Reyes, para valorar os Orzamentos autonómicos para 2017 e presentar as emendas que os socialistas locais trasladaron para a súa inclusión no documento económico para o vindeiro exercicio.

Os voceiros socialistas no Parlamento e no Concello compareceron en rolda de prensa despois dunha reunión de traballo, enmarcada dentro do que é e será unha dinámica que, como informou Fernández Leiceaga, vai ser unha constante ao longo dos catro anos de mandato porque "hai moito que reivindicar" e a Xunta está a manter unha actitude de pasividade ou mesmo contraria as demandas e necesidades de Compostela, segundo o caso. Nesta ocasión, dado que nos atopamos en tempos de orzamentos, o encontro serviu para abordar as propostas -quince en total cunha partida de 24,5 millóns de euros- que os socialistas locais remitiron ao grupo parlamentario para incluir nas emendas que se presentarán en vindeiras datas.
Como destacou Xoaquín Fernández Leiceaga, os Orzamentos autonómicos para 2017 son "pouco ambiciosos" porque deixan sen utilizar recursos que a Xunta ten á súa disposición; porque "non son capaces de trasladar a recuperación económica á cidadanía; porque non fan esforzo ningún para a creación de emprego nin para incentivar o retorno de xoves que marcharon ao exterior; porque reflexan unha falta de conexión coa realidade; porque non inclúen actuacións decididas contra a desigualdade; e porque non existen investimentos "que permitan xestionar mellor os orzamentos". Isto, engadiu, ten como consecuencia no caso de Santiago un "escaso compromiso".
De feito, subliñou o voceiro socialista no Parlamento que a única novedade real que inclúen os Orzamentos é a Facultade de Medicina. "A nós parécenos ben", dixo, ao tempo que matizou que "está ben facer un esforzo, pero tamen hai que dicir que ese esforzo ten unha contrapartida, posto que a Xunta vai dispoñer dun espazo privilexiado e de enorme valor no centro da cidade, polo que estamos diante dun investimento con retorno.
Esta "absoluta falta de compromiso coas necesidades da cidade" percíbese tamén en que o resto de partidas consignadas estaban programadas anteriormente e, como no caso do Monte do Gozo ou da intermodal, xa existían en 2016 e non foron executadas.
Unha das cuestións á que os socialistas prestarán especial atención e interese é a EDAR, unha infraestrutura "central para o futuro de Santiago e de Galicia" e coa que a Xunta segue sen facer o esforzo necesario. Para a EDAR, o PSdeG propón unha partida de 4,5 millóns de euros.
Pola súa banda, Paco Reyes citou outras das emendas que o seu grupo consideran vitais para o presente e futuro da cidade, algunhas non ornamentadas suficientemente -como a variante de Aradas, ou a partida pola capitalidade- e outras esquecidas unha vez máis -Escola Oficial de Idiomas, Plan Director do Hospital de Santiago, escola infantil de Santa Marta ou Consevatorio de Música-.
Reyes agardou que a Xunta "asuma o seu compromiso dunha vez con Santiago, que garanta os investimentos necesarios" e, ademais, instou ao goberno local a apoiar estas demandas e loitar pola súa inclusión nos orzamentos de 2017.

Volver

filiate



PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org