Grupo municipal dos socialistas de Santiago


O noso deputado de Santiago

DEPUTADA DE SANTIAGO NO CONGRESO

A deputada Pilar Cancela presentará once propostas locais aos Orzamentos Xerais do Estado de 2017 co obxectivo de preparar á cidade "como merece" para o Ano Santo de 2021

A deputada Compostela Pilar Cancela presentou esta mañá en rolda de prensa xunto o voceiro do grupo municipal, Paco Reyes, as demandas socialistas locais para incluir nos Orzamentos Xerais do Estado de 2017; un total de once propostas que suman 29 millóns de euros -algo máis do 10% do que adicou o Goberno de Zapatero en 2011. Cancela asegurou que a inclusión destas partidas é fundamental de cara a acadar o obxectivo de preparar á cidade para o vindeiro Ano Santo de 2021.

"Resulta fundamental que Santiago chegue a 2021 como se merece", afirmou a deputada local na rolda de prensa desta mañá. Para Cancela, a situación actual, cun retraso das reunións do Real Patronato no que se refire á convocatoria para o presente ano, obriga a facer un esforzo especial en 2017 para poder dar resposta ás necesidades de Santiago en tempo. Unhas necesidades que nin para Compostela nin para o conxunto da comunidade está a defender como corresponde o seu presidente.
Así, a deputada cuestionou o papel que está a xogar Alberto Núñez Feijoo ante o Goberno do Estado e, a este respecto, afirmou que "dende que chegou á Xunta, o goberno central non para de meterlle goles a Galicia". Nomeadamente, Cancela citou dous temas "relevantes", como son a transferencia a Galicia da AP-9, acordada unanimemente no Parlamento autonómico e logo modificada en Madrid dacordo cos intereses do Goberno central, e o AVE. Sobre esta cuestión, Pilar Cancela lembrou que se trata dunha infraestrutura "fundamental para a vertebración do país" e, a este respecto, criticou o feito de que a día de hoxe non haxa datas nin calendario ningún. "O que está acontecendo non é serio, e máis aínda cando el tiña unha teima especial con estes temas cando o Partido Socialista estaba gobernando", manifestou a deputada, para a que quedou constatado o "escaso peso político" que ten Feijoo en Madrid e que a maioría absoluta en Galicia tivese algún tipo de repercusión na nosa comunidade.
Para Cancela, esta falta de peso político reflicte nunha idea: dende que o PP goberna o investimento é de 600 millóns de euros menos por ano. Co obxectivo de mudar esta situación e, no caso de Santiago, acadar que a cidade chegue a 2021 como merece a capital de Galicia, a deputada destacou as propostas que se van plantexar en Madrid, once en total cun investimento de 29 millóns de euros -algo máis do 10% do total investido no último goberno de Zapatero, en 2011-.
Aínda que, como subliñou Paco Reyes, as once iniciativas son "irrenunciables" porque se trata de demandas históricas, necesarias e de grande impacto na cidade, Cancela referiuse dun xeito específico a tres: a EDAR -sete millóns de euros-, a intermodal -2,5 millóns para "a que ten que ser unha verdadeira intermodal e non un apeadeiro ou un intercambiador"-, e a estación de mercadorías da Sionlla para levar a cabo unha plataforma loxística -1,2 millóns de euros-. Sobre esta última, lembrou que se trata dunha reivindicación tamén da Cámara de Comercio e que tería un impacto moi importante no desenvolvemento socioeconómico da cidade.
Pola súa banda, Reyes asegurou que "o Partido Socialista non vai renunciar ao seu futuro" e, a este respecto, citou outras das demandas coas partidas correspondentes: Consorcio -5,5 millóns-; programa de rehabilitación "Camiño de Santiago" -un millón-; Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural -un millón-; reposición da partida do edificio do CSIC (Centro de Estudos de Biomedicina) -un millón-; paso inferior da rotonda de Santiago-Milladoiro, con conexión con O Porto e polígono industrial do Milladoiro -3,5 millóns-; orbital N550-AP9 a Sionlla-Autovía a Lavacolla en San Marcos -5,8 millóns-; a redacción do proxecto e posta en funcionamento da antiga terminal aeroportuaria como campus aeronáutico con oferta tamén de FP similar á que ten Sevilla -500.000 euros-; e a publificación de parcelas de Brañas de Sar para que "Santiago conte cun gran parque de referencia".

Volver

filiate



PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org