Grupo municipal dos socialistas de Santiago


O noso deputado de Santiago

Bugallo durante unha reunión cos veciños do Banco do Pobre, cando era alcalde

Bugallo durante unha reunión cos veciños do Banco do Pobre, cando era alcalde

PREVISIÓNS DE REALOXO

Reclaman o cumprimento do compromiso para o realoxo das familias do Banco do Pobre

Agustín Hernández e Conde Roa anunciaran en vésperas das eleccións locais que quedara resolto a reubicación dos veciños de San Igancio de Loyola, paso necesario para a construción alí da nova Facultade de Medicina
O portavoz de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, ven de presentar unha pregunta en comisión parlamentaria sobre as previsións do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de cumprir o seu compromiso de realoxo dos veciños de Banco do Pobre en Santiago, así como os prazos previstos para realizalas.

O 27 de abril de 2011, unha reunión en vésperas das eleccións municipais entre o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández e o candidato á alcaldía, Xerardo Conde Roa. Entre as conclusións daquela reunión figuraba que quedaba resolto o realoxo dos veciños de San Ignacio de Loyola, máis coñecido como o Banco do Pobre.

Recorda Sánchez Bugallo que o espazo ocupado por estas vivendas está destinado, segundo o Plan especial do Campus Universitario, á construción da nova Facultade de Medicina.

Transcorridos máis de dous anos do devandito anuncio non só non está resolto o desaloxo, senón que "non temos constancia de que se dese ningún paso para resolvelo", afirma o deputado compostelán.


Volver

filiate



PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org