Grupo municipal dos socialistas de Santiago


O noso deputado de Santiago

ORZAMENTO VARIANTE DE ARADAS

Os socialistas denuncian que o orzamento para a variante de Aradas aprobado no Consello da Xunta non permite o seu inicio en 2013

Sánchez Bugallo reclama maior compromiso ó Executivo de Feijóo cunha obra fundamental para evitar que os tráficos pesados procedentes da estrada de Carballo e da costa teñan que atravesar o casco urbano para ir ao Polígono do Tambre ou acceder ás vías de alta capacidade

O portavoz de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, ven de presentar unha pregunta á Xunta para coñecer as datas de expropiación dos terreos para a construción da variante de Aradas, que comunica o polígono do Tambre -en Santiago de Compostela-, coas estradas a Santa Comba e Trazo. Tamén preguntou pola data de licitación prevista e o seu prazo de execución.

Lembrou que durante a campaña electoral das eleccións autonómicas de 2009 o Partido Popular comprometeu a construción da devandita obra, "variante fundamental para evitar que os tráficos pesados procedentes de Carballo e da costa teñan que atravesar o casco urbano de Santiago para acceder ao polígono do Tambre, ou ás vías de alta capacidade".

Os socialistas xa tiñan denunciado a tardanza en afrontar esta infraestrutura por parte do Executivo de Feijóo. O Consello da Xunta aprobou o proxecto o pasado 14 de marzo, pero os socialistas manteñen a súa desconfianza sobre o compromiso do Goberno galego, ao dotar con só 109000 euros, cantidade insuficiente para iniciar a obra.

Consideran "imprescindible" o comezo inmediato desta obra, que xa solicitaran a través de iniciativas parlamentarias e desde o concello en 2011 e 2012. Reprochoulle aos populares que "sempre estiveron enredando con esta obra" e reclámanlle un compromiso firme e claro coa súa construción.

Volver

filiate



PAZO DE RAXOI. Praza do Obradoiro. 15705 Santiago de Compostela. psoe@santiagodecompostela.org